O BNG considera que o PP utiliza as Institucións para resolver os seus problemas antes que os dos veciños

07/05/2009 at 20:20 Deixar un comentario

Co nomeamento de Nava Castro como Directora Xeral de comercio, o BNG de Ponteareas considera que unha vez máis, o Partido Popular volve a utilizar as Institucións, neste caso a Xunta de Galiza, para satisfacer os seus intereses, antes que o interés xeral dos veciños. “Do mismo xeito que no seu día fixeron un pacto a nivel municipal, para conservar o poder a calquer prezo, e repartilo entre as dúas familias do PP, co único obxectivo de impedir un goberno e un alcalde do BNG, agora volven a utilizar os cargos públicos do Goberno Galego para satisfacer os seus intereses personais e de partido”. Os nacionalistas, esperan que Nava Castro, dende a sua nova responsabilidade como Directora Xeral de Comercio, siga apostando polo pequeno comercio como fixo o BNG nesta área nos últimos 4 anos. O BNG tamén espera que a presencia de Nava Castro na Xunta de Galiza, sirva para garantir a execucións os proxectos posto en marcha e comprometidos con Ponteareas polo anterior Goberno Galego. Os nacionalistas esperaran a valorar os cambios que sufra o goberno municipal pola renuncia de Nava Castro, solicitando do PP unha maior responsabilidade, nos dous anos que lle restan de goberno en Ponteareas, evitando que as divisións entre as “familias” do PP sigan dañando aos intereses dos ponteareas.

Entry filed under: Ponteareas.

Nava Castro será Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia O PSOE esixe que Ponteareas estea na Área Metropolitana de Vigo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: