A Deputación de Pontevedra logra, por sentenza xudicial, que catorce concellos da provincia ingresen 663. 447 euros polo IBI dos parques eólicos instalados

15/05/2009 at 12:01 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra consigueu, por sentenza xudicial, que 14 concellos da provincia ingresen, por primeira vez no exercicio de 2009, un total de 663.447 euros procedentes das empresas que xestionan os diversos parques eólicos instalados na provincia.
No seu día, un organismo da Deputación de Pontevedra _o Organismo Autónomo de Recadación de Arbitrios e Tasas Locais (ORAL)_ promoveu, a instancias do seu responsable, o vicepresidente da Deputación, Xosé Crespo, ante a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) unha proposta para que estes parques cotizasen, por primeira vez, como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES).
Como consecuencia da antedita iniciativa, o Tribunal Supremo inclueu os parques eólicos como BICES e fixou unha nova distribución de cotas. Con anterioridade a esta setenza ningún concello percibía cantidade algunha por este concepto.
A Deputación acaba de informar ós 14 concellos afectados pola medida o importe das cotas do IBI que lles corresponden para o ano 2009. Desglosado por concellos, o importe total de 663.447 euros queda distribuido así:
• Agolada…………………..….3.482 euros (tén 18 aeroxeneradores instalados)
• Arbo………………………….24.392 euros (53)
• Caldas de Reis……………21.110 euros (11)
• A Cañiza…………………….84.732 euros (90)
• Catoira………………………27.095 euros (11)
• Cerdedo…………………….32.118 euros (53)
• Cotobade…………………..17.647 euros (97)
• Covelo………………………104.298 euros (156)
• Lalín………………………….163.541 euros (187)
• A Lama……………………….65.057 euros (100)
• As Neves…………………….33.740 euros (53)
• Silleda…………………………18.984 euros (75)
• Vila de Cruces……………..14.508 euros (37)
• Rodeiro……………………….52.743 euros (80)
Na provincia de Pontevedra, hai outros tres concellos que contan con aeroxeneradores: Mondariz (53 en construcción), Forcarei (172) e Vilagarcía de Arousa (11). Nos dous últimos casos, estes concellos non teñen delegado no ORAL o cobro do IBI.
A Deputación pretendía que o Catastro fixase unha cuota tendo en conta o valor dos parques e as horas de vento. Deste xeito, incrementaríanse os ingresos dos concellos pois, a título de exemplo, cada aeroxenerador (molinillo) tén un coste de 600.000 euros (cen millóns das antigas pesetas).

Pero o Catastro fixou a cuota tendo en conta a potencia instalada e a superficie de territorio ocupada.
O presidente da Deputación,Rafael Louzán, indicou que <este logro é unha das iniciativas que a Deputación ven levando a cabo para que as entidades locais poidan manter o pago de nóminas, o mantemento de servizos, etc. nestes tempos de reducción xeralizada de ingresos ós concellos>. E mostrou a súa satisfacción polo feito de que <estes ingresos revirten na maioría dos casos en concellos de menor poboación e tamaño da provincia nos que os recursos tributarios son normalmente máis escasos>.
Recentemente, a Deputación de Pontevedra xa gañou xudicialmente un recurso presentado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en virtude de cuia sentenza a empresa Enerfín foi obrigada a pagar ó Concello de Rodeiro 85.764 euros en concepto da tasa de inicio de actividades (INCIO) e do IAE dos anos 2006 e 2007.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

Valcárcel entrega os diplomas do curso de informática O PSOE de Ponteareas reclama ao PP a actitude mantida no último pleno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: