Chega ao parque da Canuda, en Salvaterra, a segunda edición do ‘Merca en Salvaterra’

15/05/2009 at 12:25 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Tenencia de Alcaldía coordinada por Marta Valcárcel, apoiará por segundo ano consecutivo á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra (ACES), que organiza esta fin de semana, precisamente os días 16 e 17 de maio, o ‘II Merca de Salvaterra’. A iniciativa conta tamén coa colaboración da Federación Galega de Comercio, Federación Provincial de Comercio, Fundación Luso-Galaica e Caixanova.
O evento volve a organizarse no Parque Público de A Canuda “porque ten un enorme tirón de xente”, sinala o presidente de ACES, Cándido Teijeiro, e, por iso, “practicamente non fai falta facer moita publicidade”, engade.
Participarán preto de 20 establecementos de distintos sectores: zapatería, deporte, óptica, moda, complementos, cosmética, floristería, material agrícola e informática. Ademais, haberá tamén un bazar e stands relacionados co sector de alimentación, “incluso hai xente de fóra de Salvaterra que quere participar, pero estamos valorando se deben entrar ou non”, indica o presidente dos comerciantes locais.
A tenente alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel, dí que este evento representa “unha iniciativa de unidade dos comerciantes e que pretende, por outro lado, achegar o comercio aos veciños, porque o sector comercial é nada máis nada menos que a identidade dunha poboación”. Por iso, continúa, “hai que incentivar á xente a comprar en Salvaterra e coa colaboración do Concello intentamos facelo”. Valcárcel considera que “neste momento de crise que existe no comercio a nivel xeral é cando máis falta fai apoiar ós nosos comercios, principalmente aos propietarios dos pequenos establecementos”.
Valcárcel recalca tamén que outro atractivo do ‘II Merca en Salvaterra’ é o lugar onde se fai, “nun marco incomparable como é o Parque da Canuda”. Así, a tenente alcalde espera que a esta edición veñan “moitas persoas e non só os veciños de Salvaterra, tamén os do arredor”.
O sábado día 16, o horario de apertura do ‘II Merca en Salvaterra’ será de 15.00 a 21.00 horas, e o domingo 17, de 11.00 a 21.00 horas. Ese día, farase un sorteo entre os clientes, onde os premios son desde unha bicicleta ata un xogo de maletas.

Entry filed under: Salvaterra.

Caixanova entrega ao concello da Cañiza un vehículo para transporte parroquial Exposición fotográfica na Rectoral de Fofe, en Covelo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: