Louzán explica a implantación do Wimax no rural

15/05/2009 at 12:18 Deixar un comentario

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe a 55 alcaldes e representantes municipais o estado da implantación do  proxecto Wimax Rural na provincia de Pontevedra que está a desenvolver a institución provincial.

A Deputación de Pontevedra está acometendo os traballos deste proxecto que ten un presuposto inicial de 6.693.868,53 euros, dos cales 4.685.707,97 proceden dos fondos FEDER. A Deputación aporta 1.338.773,71 euros e os concellos adheridos ao convenio de colaboración 669.386,85 euros en total.

Os concellos que se adheriron ó proxecto son 55 dos 62 da provincia. Por decisión propia, non se adheriron os de Vigo, Pontevedra, Cangas, Vilagarcía, A Estrada, Redondela e Marín que optaron, pola súa conta, a outros proxectos dos citados Fondos Feder.

O proxecto Wimax Rural en Pontevedra ten o obxectivo de dotar de acceso a Internet de Banda Larga aos cidadáns e empresas fundamentalmente do medio rural da provincia de Pontevedra a un prezo asequible. A súa implantación procurará mellores servizos para os cidadáns e empresas da provincia de Pontevedra.

Proxecto piloto en 25 fogares de 4 concellos
A xuntanza mantida por Louzán, técnicos da Deputación e da empresa que desenvolve o proxecto tivo por obxecto acordar unha posta en común das tecnoloxías e actuacións a desenvolver.

O Wimax Rural inicia o seu proxecto piloto, de xeito experimental, en 25 fogares de catro concellos da provincia, Agolada, Meis, Pazos de Borbén e Arbo, elexidos polas súas peculiariedades orográficas e nivel e dificultades de implantación de novas tecnoloxías.

A seguinte fase será o despegue da rede, con instalación de torres e enerxía, equipos Wimax e de radioenlaces asi como de interconexión coa rede da operadora.

A Deputación vai comezar unha identificación das necesidades reais de cobertura e das infraestructuras esistentes, así como comprobar a disponibilidade dos terreos para instalar as infraestructuras precisas.

Entry filed under: Arbo.

Romaría das Pascuillas na Franqueira, A Cañiza Ponteareas acolle esta fin de semana a Copa do Futuro da Deputación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: