O Concello de Salvaterra organiza o ‘Día das Letras Galegas’

15/05/2009 at 12:22 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, organiza unha programación especial co gallo da conmemoración do ‘Día das Letras Galegas’, no vindeiro 17 de maio.
A concelleira de Cultura menciona que as actividades, case na súa totalidade, diríxense aos nenos e nenas do municipio porque “o que se pretende con esas iniciativas é encamiñar a concienciar os máis pequenos da importancia que ten o galego para nós como cultura e como lingua”. A pesar diso, Valcárcel engade que na programación tamén haberá eventos para “todo tipo de público” porque se no caso dos cativos “queremos transmitirlles a importancia de ser galegos e aos maiores as nosas inquedanzas”, por un idioma que debe lembrarse tódolos días do ano.
Así, o sábado 16 de maio, a programación comeza ás 10.30 horas na Casa da Cultura coa realización do obradoiro infantil ‘Elaboramos un gran conto’. Ese mesmo día, pero a partir das 17.30 horas, terá lugar un espectáculo de títeres a cargo do Grupo Cachirulo, que representará a obra ‘Catro contos da China’. Todos os nenos que estean presentes recibirán un libro, axeitado ás súas idades.

Ese día a programación finaliza co concerto do ‘Día das Letras Galegas’, ás 20.30 horas, organizado pola Coral Cantemos de Salvaterra, que contará tamén coa participación da Agrupación Coral Endesa, de As Pontes de García Rodríguez.
Entre os días 16 e 17 de maio, as persoas que vaian ao Salón da Casa da Cultura de Salvaterra poderán visitar unha exposición cuxa temática será tamén sobre o ‘Día das Letras Galegas’.
O luns, 18 de maio, o auditorio do Parque Público de A Canuda acollerá a partir das 10.15 horas, un encontro cos escolares de Salvaterra que celebrarán o ‘Día das Letras Galegas’ levando a cabo diversas actividades dirixidas polo Grupo Tarabelos: lectura de textos, exposición de traballos  e contacontos.

Entry filed under: Salvaterra.

Ponteareas acolle esta fin de semana a Copa do Futuro da Deputación Caixanova entrega ao concello da Cañiza un vehículo para transporte parroquial

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: