O presidente do Clube de Campo de Vigo disputou varias edicións do “Rías” con treitos urbanos

15/05/2009 at 12:10 Deixar un comentario

“Era unha auténtica marabilla ver como a xente da cidade botábase ás rúas do centro para ver pasar aos vehículos que competiamos no Rallye Rías Baixas. Era unha das miñas cronometradas preferidas, porque sentías os seu alento moi preto”. Así recorda Manuel Sanjurjo, os treitos urbanos que se celebraron nas primeiras edicións do Rallye Rías Baixas. O actual presidente do Clube de Campo de Vigo participou nesta proba automovilística en máis de dez ocasións; “xa perdín a conta, creo que foron catro ou cinco como copiloto e sete ou oito de piloto” e na oitava edición do Rías, (última na que se celebrou un treito urbano), conseguiu unha máis que meritoria quinta posición da xeneral aos mandos dun Morris Cuper S 1.3.

Sanjurjo está convencido de que probas cronometradas como a que se vai a celebrar en Samil con motivo da 45ª edición do Rallye Rías Baixas Vodafone e que tiveron lugar nas principais zonas da cidade (O Castro, Camelias e Coia), durante 7 edicións contribuíron, en boa medida a que o Rallye poida cumprir este ano o seu cuadraxésimo quinto aniversario. “Moita xente cfeccionouse ás carreiras véndonos competir polas rúas da cidade” rememora Sanjurjo, “o espectáculo que presenciaban neses treitos urbanos animoulles a achegarse aos que se celebraban por distintas zonas da provincia e ao final converteuse, para eles, nunha cita ineludible, cada ano”. Por todo iso, o actual presidente do Clube de Campo de Vigo aplaude a decisión que tomou a Escudería Rias Baixas. “O automovilismo atrae cada vez a máis xente e todo o que se poida facer por achegalo aos afeccionados é unha moi boa idea e contribúe a incrementar o éxito do Rallye”.

O treito urbano Turismo de Vigo que abrirá o 45 Rallye Rías Baixas Vodafone, puntuará para a clasificación final como o resto dos que celebrarán o sábado polos distintos concellos do Sur da Provincia (As Neves, Covelo, Fornelos, Mondariz e Ponteareas), pero Manuel Sanjurjo está convencido de que os pilotos afrontarano como un tramo espectáculo. “O normal, ao ser unha distancia curta (1 quilómetro 370 metros), é que as diferenzas nos tempos sexan moi pequenas. Por iso, tendo en conta a calidade dos pilotos que competirán no rallye, e as excelentes medidas de seguridade que prepara a Escudería Rías Baixas, aposto porque será unha proba tremendamente atractiva para os que se acheguen ata Samil”. Manuel Sanjurjo asegura que non a perderá.  

O treito urbano Turismo de Vigo disputarase na Avenida de Samil entre as 20:30 horas e as 21:30 horas do venres 29 de maio.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

Cruz Vermella convida ao acollemnto familiar Clases de ‘Técnicas de Condución de Bici’ para os cativos de Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: