Nós-UP pide que se retiren as antenas de telefonía que rodean a escola infantil municipal

22/05/2009 at 11:56 Deixar un comentario

Nós-Unidade Popular denuncia que a poucos metros da gardería municipal de Ponteareas está instalado un poste con antenas de telefonía móvil nunha finca de Telefónica. Para Nós-UP este feito supón expor aos cativos deste centro municiipal ás microondas que estas antenas xeneran.
“Numerosos estudos científicos certifican o grave perigo destas antenas”.
Segundo Nós-UP o Parlamento Europeo ven de aprobar o pasado día 2 de abril un informe no que recomenda entre outras cuestións “que as redes eléctricas de alta tensión ou as torres de telecomunicacións sexan instaladas a unha distancia mínima de escolas, residencias de persoas maiores ou centros de saúde…”.
No caso que denuncia Nós-UP non se cumpre a distancia mínima recomendada para a instalacións de antenas que maioritariamente está a ser de 300 metros, segundo informan os denunciantes.
“Queremos destacar tamén que case todos os estudos que minimizan os riscos que conleva a exposición a esas microondas están financiadas por empresas con intereses económicos en xogo. En canto continuan as investigacións sobre os efectos nocivos na saúde humana é indispensable a aplicación do principio de precaución evitando consecuencias graves e irreversibles para as persoas”.
Nós-Unidade Popular esixe ao governo de Salvador González Solla que tome as medidas necesarias para que as antenas de telefonía móvil nomeadas sexan retiradas canto antes da beira da escola infantil municipal ou que sexan mudadas de emprazamento. “A saúde das crianzas de Ponteareas está en perigo, e necesario actuar con axilidade e firmeza”.

Entry filed under: Ponteareas.

Área recreativa do Santuario da Xestosa Augas de Mondariz renovará o parque móvil por modelos da marca Citröen

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: