O BNG das Neves denuncia a tala indiscriminada de árbores centenarias

22/05/2009 at 12:12 Deixar un comentario

O grupo muinicipal do Bng das Neves denuncia a tala indiscriminada de máis dunha ducia de árbores centenarias nas obras de humanización que se están a realizar.

“Sen que fose debatido en ningunha sesión plenaria nin consultado coa veciñanza e, cunha celeridade inaudita que parecía querer evitar calquera oposición, destrúen un dos sinais de identidade do casco urbán das Neves”, explica Oscar González, responsable local do BNG.

O BNG pon de manifesto que esta actuación non é máis que un “atentado ecolóxico, privando, ademáis, a xeración actual e as vindeiras desta singularidade. Entendemos que con esta tala masiva non se está a humanizar a nosa vila”.

Ademais engaden que “curiosamente, o goberno municipal do PP non actúa coa mesma rapidez para dotar ao casco urbán e as parroquias cos servizos precisos e necesarios”.

O BNG conscente de que non se pode restituir na súa integridade o grave dano causado, esixe que inmediatamente rematadas as obras se proceda a plantación de árbores singulares e autóctonas de tamaño suficientemente desarrollado, “para que o noso pobo recupere o antes posible a imaxe e as beneficios que as árbores nos reportaban”.

Entry filed under: As Neves.

O concello da Cañiza conta cun novo vehículo adaptado subvencionado por Caixanova Esquerda Unida recolle sinaturas de apoio ao veciño denunciado nunha mobilización en contra do xenocidio en Gaza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: