O concello da Cañiza conta cun novo vehículo adaptado subvencionado por Caixanova

22/05/2009 at 12:09 Deixar un comentario

Desde o pasado 14 de maio o Concello da Cañiza conta cun novo vehículo adaptado para o transporte de persoas maiores ou discapacitados, con capacidade para nove prazas e preparado para transportar cadeiras de rodas, subvencionado na súa totalidade pola entidade bancaria CAIXANOVA.
No acto de recepción do vehículo estiveron presentes o Alcalde da Cañiza, Don César José Mera Rodríguez e o Xefe de Comarca de CAIXANOVA, Don José Luis Romero, ademais da Tenente de Alcalde do Concello Dona Mª Helena Fernández González e o Concelleiro do P.P. Camilo Gil Gil.

O pasado ano, concretamente o 2 de xullo de 2.008, o alcalde da Cañiza, César J. Mera Rodríguez e o Subdirector Xeral de Caixanova, Guillermo Brea Vila, asinaron o convenio de colaboración para a adquisición deste vehículo, por un importe de 38.900,00 €uros.
O vindeiro 26 de maio terá lugar unha reunión no salón de plenos da casa Consistorial, ás sete da tarde, para falar das axudas e servizos destinados a mellorar a calidade de vida dos maiores e persoas discapacitadas.

Tamén CAIXANOVA exerce unha salientada actividade social e asistencial orientada á mellora da calidade de vida de todos os galegos. Para o desenvolvemento dos seus proxectos leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións, que promove, entre outras iniciativas, as que favorezan ás persoas ou grupos que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención, permitíndolles a súa integración social.

Entry filed under: A cañiza.

Artigo de opinión da Assembleia de Mulheres do Condado O BNG das Neves denuncia a tala indiscriminada de árbores centenarias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: