Nós-Unidade Popular acusa ao alcalde de Salvaterra de negar ‘o dereito á información’

25/05/2009 at 17:22 Deixar un comentario

A asemblea comarcal de Nós-Unidade Popular explica que no día 30 de marzo de 2009 unha veciña de Salvaterra solicitou vía rexistro no concello de Salvaterra unha copia cos orzamentos do presente ano, especificando o destino de cada partida. Segundo Nós-UP a súa intención era facer como veciña o seu dereito a coñecer onde son investidos os recursos económicos do concello.
“Máis a rpincipal causa que moveu a solicitar copia dos orzamentos foi a cantidade destinada ao colexio Infante Feliipe que é ridícula e insuficiente para facer fronte ás enormes carencias que padece”.

Segundo Nós-UP logo de ter recibido evasivas de parte do funcionariado, o propio alcalde Arturo Grandal díxolle á solicitante que “iría con moita calma e que dependía directamente da súa vontade”.
Nós-Unidade Popular quere recordar a Arturo Grandal que él e o seu governo están ao servizo dos veciños e non ao servizo de “intereses propios ou de achegados”.
“Esiximos que se lle entregue canto antes a copia solicitada a esta veciña e advertimos que non imos ficar de brazos cruzados perante a vulneración de un dereito fundamental como é a información”.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG pide o cese do Tenente de Alcalde por ‘cubrir con familiares de concelleiros do PP as vacantes dun curso organizado polo Concello’ María Abril e Alba Blanco, do Club Luar de Patinaxe, suben a primeira categoría

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: