O BNG denuncia a situación de ‘irregularidade’ do pavillón de Leirado

25/05/2009 at 17:08 Deixar un comentario

O responsable local do BNG en Salvaterra, Xosé Antonio Otero, denuncia que o pavillón municipal de Leirado se atopa nunha situación “irregular”, xa que dende que no ano 2001 se comezou a tramitar o proxecto aínda non foi dado de alta. Asemade, critica a “irresponsabilidade” do goberno local ao permitir o uso, “sen ningún tipo de control”, destas instalacións deportivas. O nacionalista Xosé Antonio Otero explica que os alumnos e alumnas do CEIP Chan de Leirado son conducidos diariamente a estas instalacións, que se atopan fóra do recinto escolar, para practicar Educación Física. “Nin o pavillón foi dado de alta nin os pais e nais asinaron un consentimento para que os seus fillos saian fóra do recinto”, salienta. O BNG considera que no caso de producirse algún accidente, o Concello terá que enfrontarse ás responsabilidades pertinentes. Pola súa banda, en resposta a unha pregunta do BNG sobre esta situación Otero asegura que o alcalde afirmou que o Concello non ten ningunha responsabilidade neste sentido. Porén, neste mesmo pleno, o BNG insiste en que o alcalde recoñeceu que a instalación eléctrica coa que conta o pavillón non se adecúa ao regulamento establecido para este tipo de infraestruturas. Segundo afirma o responsable local do BNG, “as declaracións de Grandal contradinse coas do técnico director da obra (Rafael Llano de la Concha) e a empresa adxudicataria (Construcciones Fernandez Sarmiento, S.A.)”. Neste sentido, Xosé Antonio Otero indica que asinaron unha acta de remate da obra o 27 de outubro de 2008, no que afirmaban que as obras se atopaban ben executadas axustándose sensiblemente ao presuposto aprobado. Ao respecto, o responsable nacionalista lembra que o proxecto do pavillón comezouse a tramitar no ano 2001 e que os seus custos superan os 700.000 euros. “Nestes momentos, oito anos despois, aínda non pode ser utilizado de forma legal por ningún veciño ou veciña”, subliña. Así mesmo, o BNG denuncia que por parte do goberno municipal foron entregadas as chaves do pavillón para que algunhas persoas puidesen practicar deporte nesta infraestrutura, aínda sen inaugurar. Segundo Xosé Antonio Otero, “o BNG agarda que se resolvan canto antes estes problemas para evitar enfrontamentos coma os que se produciron recentemente entre a dirección do colexio e os veciños, cando o pavillón non só non pertence a este centro senón que se atopa fóra do seu recinto”. “Esta situación de uso irregular das instalacións deportivas é algo habitual en todo o Concello de Salvaterra, xa que se producen casos semellantes co pavillón da vila e coas canchas de tenis e baloncesto próximas ao Parque da Canuda”, denuncia o responsable nacionalista. Así, o BNG esixe que se “regularicen os usos das instalacións deportivas municipais” para que se saiba en cada momento quen son os usuarios e non se produzan desperfectos, “co fin de que todos poidan ter acceso a este servizo público”.

A resposta do alcalde

Pola súa parte o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, manifesta que “o Bloque minte a sabendas para confundir aos veciños ao dicir que o concello permite o uso do pavillón, cando o pavillón de Leirado non pertence ao concello senón a Deputación, xa que esta non o entregou ao Concello”. “O deputado Gabriel Martínez do Bloque sabe todo isto e o facer estas declaracións demostra un cinismo mintindo cando el que é deputado e cobra da Deputación a quen ten que pedirlle responsabilidades é a Deputación e non ao Concello”, engade Grandal.

Entry filed under: Salvaterra.

Presentación do Rallye Rías Baixas O Rápido de Bouzas B campión zonal de Ponteareas da Copa do Futuro Deputación de Pontevedra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: