A Casa Museo de Diego de Giráldez abre as súas portas todos os domingos de xuño e xullo

31/05/2009 at 20:09 Deixar un comentario

A Casa Museo de Diego de  Giráldez, na Cañiza, abríu as súas portas por terceiro ano consecutivo. Todos aqueles que desexen visitala poderán facelo ata o vindeiro día 26 de xullo os domingos en horario de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde. Esta edificación de máis de mil metros cadrados e cinco plantas de altura, está situada en pleno casco urbano e preside a Praza Maior da Vila; a entrada é pola rúa Botica. Para todos os cañicenses é coñecido como o antigo cuartel da Garda Civil da Cañiza, xa que ata só hai dúas décadas albergaba as oficiñas e vivendas da benemérita na localidade.
Na visita poderán contemplar a prolífica obra deste pintor creador do realismo NAS, acepción coa que se coñece a súa pintura e que por, méritos propios, acadou hai anos un posto significativo dentro da pintura contemporánea.
Diego de Giráldez está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, capaz de ofrecer a realidade do cotidiá con total sinxeleza, escapando da profusión e o adorno, recurrindo aos mínimos elementos plásticos e aportando á súas obras unha clara visión do mundo natural.

Entry filed under: A cañiza.

A Deputación de Pontevedra anuncia que a Confederación Hidrográfica xa remitíu o permiso para a variante Lira-Salvaterra Aberta a inscrición para o XXXII campionato de fútbol sala de Mondariz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: