Aberta a inscrición para o XXXII campionato de fútbol sala de Mondariz

31/05/2009 at 20:18 Deixar un comentario

A concellería de deportes do concello de Mondariz organiza a XXXII edición de fútbol sala, o campionato máis antigo de Galicia. Dende o 25 de xuño ao 13 de agosto, cun máximo de trinta equipos, máis seis veteráns, desputarase este popular campionato. A data límite para inscribirse será ata o 15 de xuño. O sorteo de emparellamentos celebrarase o venres día 19 ás 21:30 horas no salón de plenos do concello.
O prezo da inscrición é de 160 euros, dos que o 50% deberán estar abonados o día do sorteo. Os premios serán de 800 euros para o primeiro clasificado, 350 euros para o segundo e 170 para o o terceiro clasificado, cun premio á deportividade de 80 euros. En veteráns haberá un primeiro premio de 270 euros e 125 euros para o segundo clasificado. Os teléfonos para inscribirse son o 986 664 306 / 628 462 054.

Entry filed under: Condado-Paradanta.

A Casa Museo de Diego de Giráldez abre as súas portas todos os domingos de xuño e xullo Os veciños da Cañiza poderán viaxar á planta de Sogama en Cerceda totalmente de balde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: