O BNG do Condado presenta a campaña ás Eleccións Europeas

31/05/2009 at 19:54 Deixar un comentario

O BNG do Condado presentou a campaña dos nacionalistas na comarca nestas eleccións Europeas. No acto estaban presentes os Alcaldes, Raúl Francés e Marcos Besada, o Deputado Provincial e Portavoz de Salvaterra, Gabriel Martínez, o Portavoz de Ponteareas, Bolívar González e a Responsábel Comarcal, Sandra Arauxo.
Segundo os nacionalistas, Galiza apenas existíu para os eurodeputados galegos do PP e do PSOE. O BNG lembra que estes eurodeputados do PP e PSOE non interviron na eurocámara para falar de realidades como a dos incendios, a do textil, a da pizarra, das conservas, do agro, do leite,… dos problemas e preocupacións dos galegos.
O BNG relacionarase directamente de Galiza para Bruxelas, sen pasar por Madrid e defenderá sempre os intereses dos galegos e galegas.

Importancia de ter un Eurodiputado do BNG para o Condado
Para o BNG no Parlamento Europeo decídense temas moi importantes para a comarca como son as euroconexións, como vertebrar o territorio.
Os nacionalistas aseguran que traballlarán para conquerir unhas mellores conexións có pais veciño, Portugal e seguirán loitando para que Galiza conte cun bó  transporte de cercanías.
“En Europa haberá que renegociar os fondos estruturais apartir do 2010 e o BNG  estará alí para defender os intereses do Condado sen intermediarios, afirman os nacionalistas”.
Segundo os nacionalistas no Condado existe un importante sector productivo como é o vitivinícola, “dende o BNG traballará  na reforma do sector e así mellorar as condicións dos produtores”.
Outro dos temas de grande interese para os veciños do Condado segundo o BNG son as relacións coa emigración. “Nunha comarca na que moitos veciños/as véronse na obriga de emigrar a outros paises,  o BNG traballará no Parlamento Europeo por mellorar esas relacións e solucionar problemas tan importantes coma que se homologuen as condicións da seguridade social dos emigrantes”.

Campaña das Europeas no Condado
Sandra Arauxo, Responsable Comarcal do Condado, anuncia que o BNG fará unha campaña intensa e participativa nas eleccións ao Parlamento Europeo na Comarca.
Os nacionalistas, comezarán os seus actos en Ponteareas, nun Acto Público que tivo lugar o 23 de maio ás 12h no Restaurante Ponteareas, no que contaron coa presenza de Bolivar González, Portavoz Municipal, Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG e Ana Miranda, cabeza de lista polo BNG ás Eleccións Europeas.
Segundo Arauxo, o BNG celebrará mítines e actos informativos en case todos os concellos da Comarca trasladando aos veciños e veciñas a importancia de ter un Eurodeputado en Bruxelas que defenda os intereses de Galiza.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra.

Pablo Pregal é o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE das Neves O concello de Ponteareas acondiciona as praias fluviais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: