O concello de Salvaterra rematou as actividades en homenaxe a Ramón Piñeiro

31/05/2009 at 19:27 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellería de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, rematou a programación en homenaxe a Ramón Piñeiro co ‘Festival das Letras Galegas’.
Un total de 800 nenos dos colexios Carlos Casares, Chan do Leirado, Infante Felipe e Colexio Rural Agrupado A Lagoa desprazáronse ata o Parque Público de A Canuda para recitar contos, cantar cancións e facer bromas. Esta actividade, que comezou ás 10.30 da mañá, rematou coa actuación do Grupo de Animación Infantil ‘Tarabelos’.
Alumnos que demostraron o moito que sabían de Ramón Piñeiro. O que máis lles gustou do homenaxeado deste ano das Letras Galegas “que defenda o uso do galego”.
A concelleira de Cultura mencionou que as actividades, case na súa totalidade, dirixíronse aos nenos e nenas do municipio porque “o que se pretende con esas iniciativas é encamiñar a concienciar os máis pequenos da importancia que ten o galego para nós como cultura e como lingua”. A pesar diso, Valcárcel engadíu que na programación tamén houbo eventos para “todo tipo de público” porque se no caso dos cativos “queremos transmitirlles a importancia de ser galegos, aos maiores as nosas inquedanzas”, por un idioma que debe lembrarse tódolos días do ano.
Así, no sábado 16 de maio, a programación comezou ás 10.30 horas na Casa da Cultura coa realización do obradoiro infantil ‘Elaboramos un gran conto’. Ese mesmo día, pero ás 17.30 horas, tivo lugar un espectáculo de títeres a cargo do Grupo Cachirulo, que representaron a obra ‘Catro contos da China’, onde os nenos se divertiron pero, sobre todo, aprenderon o valor da amizade e a importancia de aplicarse nos estudos. Todos os nenos que acudiron a esa presentación recibiron ao final un libro acorde a súa idade. Ese día a programación finalizou co concerto do ‘Día das Letras Galegas’, ás 20.30 horas, organizado pola Coral Cantemos de Salvaterra, que contou tamén coa participación da Agrupación Coral Endesa, de As Pontes de García Rodríguez.

Entry filed under: opinion.

María Abril e Alba Blanco, do Club Luar de Patinaxe, suben a primeira categoría O BNG de Ponteareas denuncia o ‘abandono e inseguridade’ da Freixa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: