Pablo Pregal é o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE das Neves

31/05/2009 at 19:47 Deixar un comentario

O PSdeG – PSOE das Neves elexíu nova executiva  trala dimisión como Secretario Xeral de Benito Diz, despois de máis dunha década como máximo responsable local.
Coa presenza do secretario xeral comarcal e Deputado no Congreso Luís Piña, elixiuse por unanimidade a única candidatura presentada, composta por Pablo Pregal, como Secretario Xeral, Benito Diz, como Secretario de Organización e Marcelino Couto, como Secretario de Política Municipal.

Pablo Pregal, de 30 anos, é licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo, e anteriormente desempeñara o cargo de Secretario de Organización da agrupación municipal, chegando a ser concelleiro na anterior lexislatura.

“Asumo esta gran responsabilidade da representación do partido no concello de As Neves, con moita ilusión, con optimismo cara o futuro máis inmediato, e coa vontade de servir ós nosos veciños. Comeza unha nova etapa, na que intentaremos que o PSdeG – PSOE de As Neves estea máis próximo á xente, máis próximo aos simpatizantes, máis próximo aos problemas que vivimos neste concello, para ser máis eficaces de cara a solucionalos e formar parte da transformación que necesita este concello. As Neves é un dos concellos que máis paseniño camiña e máis retraso leva de toda a comarca, e necesitamos darlle un xiro urxente á situación actual. Comezarei a traballar de inmediato para que o noso grupo municipal sexa o principal fiscalizador da actividade do goberno do PP, e sempre con vontade de diálogo, tanto cos veciños, como cos demais grupos políticos”.

Ademais, o novo secretario xeral destacou a labor realizada durante estes últimos anos por Benito Diz, e agradeceulle que se manteña ó meu carón como Secretario de Organización. Para Pregal Benito Diz e Marcelino Couto formaron un dos tamdems que máis éxito lle deu ao seu partido nos últimos anos, e por iso “é o maior activo no que me podo apoiar para que o PSOE de As Neves recupere o lugar que lle corresponde”.

O secretario xeral do Condado e Deputado no Congreso deulle a noraboa e felicitou ó novo secretario xeral de As Neves Pablo Pregal. Luís Piña explicou que “en As Neves o partido comeza un novo ciclo político, respectuoso co camiño andado, e que afronta dous importantes retos de futuro, construír partido e un proxecto alternativo o actual goberno municipal”.

“Pablo Pregal, xunto con compañeiros como Marcelino Couto e Benito Diz, ten a moi  importante meta e responsabilidade de levar o PSdeG – PSOE  no ano 2011 a discutir o goberno de As Neves”. “Pregal é un mozo político con capacidade, con traballo e esforzo, pode proporse alcanzar os mais altos obxectivos na política Nevense”, rematou Luís Piña.

Entry filed under: As Neves.

A Federación Ecoloxista Galega asegura que a aposta por SOGAMA non é futuro O BNG do Condado presenta a campaña ás Eleccións Europeas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: