A oficiña de información xuvenil de Mondariz oferta distintos cursos

07/06/2009 at 19:55 Deixar un comentario

A Oficiña de Información Xuvenil organiza distintos cursos como o de manipulador de alimentos para persoas que traballen ou desexen traballar en empresas de restauración, hostelería e alimentación adicadas á preparación, fabricación, elaborado, envasado, almacenamento, transporte, distribución, manipulación, venta, suministro e servicio de productos alimenticios ó consumidor. O curso sera o martes 16 de xuño de 16.30 a 19:30 horas cun custe de 15 euros para particulares e 10 euros para empresas e autónomos. O curso impartirase na Antena Local de Ponteareas.
Ademais o concello de Mondariz en colaboración coa Deputación de Pontevedra presenta unha relación de cursos dirixidos a mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
Os cursos son ofertados son:
CURSO DE FOTOGRAFÍA POR INTERNET
CURSO DE DEBUXO E PINTURA
CURSO DE FOTOGRAFÍA
CURSO DE INGLÉS, OU FRANCÉS, OU PORTUGUÉS
CURSO DE INFORMÁTICA
CURSO DE INTERNET
CURSO DE MONITORES DE  TEMPO LECER
CURSO DE COIDADORES DE AXUDA NO FOGAR
CURSO DE AUXILIAR DE GARDERÍA
CURSO DE COCIÑA E REPOSTERÍA
CURSO DE MECÁNICA DO AUTOMÓBIL
CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORÁIS
CURSO DE ALCOHOLISMO E DROGODEPENDENCIAS
CURSO DE PODA E XARDINERÍA
CURSO DE MAQUILLAXE E ESTÉTICA
CURSO DE CORRESPONSABILIDADE
CURSO DE COSTURA E BORDADO
CURSO DE ALBANELERÍA

Só se impartirá o curso que teña máis inscricións, no caso de que houbese máis dun, a elección será por sorteo; a druación do curso será de trinta horas e levarase a cabo nos meses de setembro, outubro e novembro.
A documentación a presentar deberá recollerse na oficiña de información xuvenil de Mondariz xunto cunha fotocopia do D.N.I, un certificado de empadronamento e a tarxeta de demandante de emprego. O prazo para presentación das solicitudes remata o 20 de xullo de 2009.

Por último, do 28 de setembro ao 18 de novembro celebrarase o curso de galego Celga 4 en horario de luns a xoves de 19:30 a 22:00 horas. Máis información na: Oficina de Información Xuvenil R/ Miguel Ángel Blanco s/n. Tel. 986656058 Email: xuventudemondariz@yahoo.es

Entry filed under: Mondariz.

O alcalde de Ponteareas presenta o programa das festas do Corpus Christi A Deputación de Pontevedra investirá 501.000 euros no pavillón de Crecente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: