A parroquia de Corzáns, en Salvaterra, celebra a Festa da Sementeira

07/06/2009 at 17:02 Deixar un comentario

O Concello de Salvaterra, a través da Concellaría de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, colabora por terceiro ano consecutivo na organización da ‘Festa dá Sementeira’, que se celebrará o 21 de xuño, na parroquia de Corzáns. Unha festa na que os veciños tratan de recordar como vivían os seus devanceiros, representando, así, a labra con animais nun anaco de terra e a súa sementa, imitando aos campesiños de anos atrás con vestimenta da época e tamancas.
A tenente alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, manifesta que o Concello apoia esta festa porque “hai que ter en conta a iniciativa dun grupo de veciños que intenta recuperar a forma de vida que existía non fai moito tempo”. Valcárcel recalca que “hoxe en día xa non atopamos, por exemplo, practicamente ningún veciño que teña vacas e, en Salvaterra, lémbrome ben, había moitas”.
A concelleira considera, por iso, que a ‘Festa da Sementeira’ representa “unha forma de non esquecer como se vivía, principalmente cara ás novas xeracións”. Por iso é polo que a Concellaría de Cultura “sempre estará apoiando estas accións, que promocionan tamén ou noso patrimonio cultural e histórico”.
Mentres, desde a organización recordan que esta festa “era algo que xa o facían os nosos avós”, afirman. Os preparativos comezan dúas semanas antes, nun evento que a cada ano reúne máis persoas, sobre todo doutros concellos.
A ‘Festa dá Sementeira’ comezará a partir das 11.00 horas da mañá e estará amenizada pola actuación musical de gaiteiros tradicionais. Haberá, ademais, unha exposición con obxectos antigos, por exemplo, o ‘carro da vaca’. Para os que non queiran participar ‘activamente’, a organización convida, de tódolos xeitos, a acudir a Corzáns “porque haberá sardiñada desde as 12.00 horas”. A ración (inclúe pan de millo), costa 4 euros.

Entry filed under: Salvaterra.

3º concurso DJ e 2º concurso de Go-Gos no concello de Salvaterra Festival do Centro de Desenvolvemento Musical de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: