Alumnos do centro ASPRODICO visitaron as instalacións do servizo de bombeiros de Ponteareas

07/06/2009 at 19:27 Deixar un comentario

Alumnos e alumnas do Centro de Diminuídos Físicos e Psíquicos, ASPRODICO, visitaron as instalacións do Servizo de Bombeiros do Concello de Ponteareas, situado no ponteareán Parque das Pombas.
Os visitantes, que ían acompañados pola concelleira delegada de ASPRODICO, Raquel Bautista Alfaya, foron recibidos polo concelleiro delegado de Seguridade Cidadá e tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, para a continuación, realizar un percorrido polas instalacións onde recibiron detalladas explicacións do funcionamento deste servizo de emerxencia.
Posteriormente, os alumnos e alumnas de Asprodico puideron subir aos vehículos e asistir a unha pequena demostración por parte dos bombeiros ponteareáns que, amais, ensináronlle aos visitantes o material que se utiliza nas intervencións que realizan.
O concelleiro delegado de Seguridade Cidadá, Juan Carlos González Carrera, salientaba que esta visita “encádrase dentro dun programa que está a desenvolver esta concellería e que ten por obxectivo que os escolares de Ponteareas poidan coñecer como son e como funcionan os servizos de emerxencia municipais”. González Carrera explicou tamén que nas vindeiras datas, serán escolares doutros colexios do municipio os que teñan a oportunidade de realizar esta visita guiada ao Parque de Bombeiros”.

Entry filed under: Ponteareas.

O Club Luar de Patinaxe Artístico gaña duas medallas de ouro no campionato galego O BNG de Ponteareas asegura que o alcalde mentíu en relación ao PXOM

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: