Cursos de albanelería e fontanería no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas

07/06/2009 at 19:11 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Local, Rosemary Rodríguez Ogando, asistiu no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) á presentación oficial dos cursos de albanelería e fontanería que se desenvolven ao abeiro do plan de Accións Formativas Prioritarias para Desempregados que desenvolve a Xunta de Galicia, plan que substitúe ao anterior de Formación e Inserción Profesional (FIP).
O alcalde Ponteareán, salientou no acto de presentación destes cursos, a importancia que ten “acadar unha boa formación en materias de alta demanda no mercado laboral, como é o caso da fontanería e albanelería, de xeito a que, alumnos e alumnas, teñan unha maior facilidade á hora de atopar un posto de traballo”. Salvador González Solla, engadiu que estas accións forman parte das distintas iniciativas que desenvolve o concello ponteareán “de cara a dotar aos veciños e veciñas, das ferramentas precisas que melloren os seus coñecementos en distintas materias e, consecuentemente, incrementen as súas posibilidades de inserción no mercado laboral”.
Os dous cursos presentados na mañá de hoxe, desenvolveranse nas instalacións do CDL e en cada un participarán 15 alumnos e alumnas inscritos, previamente, como demandantes de emprego.
O curso de albanelería constará dun total de 1.060 horas lectivas e o de fontanería 790 horas, en ámbolos dous casos teórico-prácticas.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG pregunta na Cámara Baixa se o goberno vai adoptar algunha medida en relación á actuación de Deputación na variante de Lira, Salvaterra Animación á lectura na biblioteca de Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: