O BNG de Salvaterra denuncia o vertido de augas sen depurar ao río Miño

07/06/2009 at 16:43 Deixar un comentario

O responsable local do BNG en Salvaterra, Xosé Antonio Otero, denuncia a existencia de vertidos de augas sen depurar ao río Miño “consecuencia da ineficacia na xestión da depuradora municipal por parte do goberno local do PP”. Segundo o nacionalista, a falta de control do mantemento da depuradora, para a que o último contrato formalizado existente data do ano 2006, non so provoca estes vertidos, senón tamén a existencia de malos cheiros en toda a vila.

Xosé Antonio Otero sinala que o goberno municipal paga arredor de 12.000 euros anuais a unha empresa para que realice as tarefas de mantemento da depuradora, “pese a que o último contrato formalizado para realizar este servizo finalizou en maio de 2006”.
Para o BNG “os feitos demostran que nin a xestión nin os servizos de mantemento son as axeitadas, dado que se producen vertidos ao Miño e que os veciños e veciñas de Salvaterra teñen que soportar malos cheiros”, asegura o responsable nacionalista, quen considera que a concellería correspondente “non leva a cabo o seu traballo de control de correcto mantemento destas instalacións” e o gasto para o seu mantemento “proba unha vez máis a ineficacia do goberno local,  dirixido por Arturo Grandal”.

A depuradora municipal atópase situada ao lado do parque da Canuda e a xuízo do responsable local do BNG “está totalmente abandonada polo goberno de Salvaterra, que nin controla nin lle esixe á empresa contratada o mantemento axeitado das instalacións”. “As augas residuais que chegan á depuradora saen sen que se efectúe o proceso de depuración preciso e verten directamente ao río Miño provocando a contaminación das augas fluviais e un forte cheiro en todo o contorno”, explica.

Segundo salienta o responsable nacionalista “este é un exemplo máis da pésima xestión que está levando a cabo o PP de Salvaterra”. Neste sentido lembra que o goberno desta localidade pontevedresa “permite a utilización do pavillón municipal de Leirado mentres se atopa nunha situación irregular”. Ao respecto, sinala Otero que os profesores do CEIP Chan de Leirado decidiron non facer ximnasia nestas instalacións deportivas ata que haxa unha contestación por escrito por parte da Deputación ou do Concello sobre a situación na que se atopa este recinto. Co obxectivo de coñecer a situación actual do pavillón, o BNG de Salvaterra ten solicitado no Concello o expediente correspondente e expresou diversas preguntas ao respecto no pasado pleno da Deputación de Pontevedra do 29 de maio, ao que segundo os nacionalistas o presidente deste organismo, Rafael Louzán sinalou que xa contestaria.

Entry filed under: Salvaterra.

Exposición de instrumentos musicais no CEIP Virxe dos Remedios de Ponteareas Salvaterra e Monçao unidos por segundo ano consecutivo na carreira ’10 quilómetros da Coca’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: