O BNG pregunta na Cámara Baixa se o goberno vai adoptar algunha medida en relación á actuación de Deputación na variante de Lira, Salvaterra

07/06/2009 at 19:08 Deixar un comentario

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na Cámara Baixa para preguntarlle ao Goberno se vai adoptar algunha medida ante a actuación da Deputación Provincial de Pontevedra que, segundo os nacionalistas, “ingresou 331.629,24 euros na conta da empresa Sercoynsa en concepto de finalización das obras da variante de acceso a Lira (Salvaterra) cando aínda nen siquera as rematara”.
Davila explica na súa iniciativa os retrasos que sofre a construción da variante de acceso a Lira, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, ademáis dalgunhas irregularidades que se deben aclarar, xa que a través do Ministerio de Administracións Públicas se subvencionan as referidas obras.

A deputada do BNG alude ás prórrogas solicitadas pola Deputación desde o ano 2007. “A variante continúa pendiente de construción, mais en decembro de 2008 asinouse entre a dirección de obra e os responsables da Deputación de Pontevedra, a certificación de obra que acredita a finalización das mesmas. E con data de 17 de marzo de 2009, a Deputación realiza o ingreso bancario correspondente de 331.629,24 euros á empresa Sercoynsa, adxudicataria das obras”.

O Goberno debe aclarar as irregularidades

Razón pola que a parlamentaria nacionalista dirixe unha serie de preguntas ao Goberno: “Verificou o Goberno se as obras estaban rematadas na data sinalada? Librou o Goberno ás administracións concorrentes a cantidade correspondente ao Ministerio de Administracións Públicas dacordo ao Plano Provincial de Cooperación de 2006? A canto ascenden o pago? Sabe o Goberno que a Deputación ingresou unha cantidade na conta de Sercoynsa en concepto de remate das obras cando aínda non terminarán?”.

Entry filed under: Salvaterra.

Nós-Unidade Popular anuncia que non haberá aparcadoiro soterrado na Praza da Igrexa, en Ponteareas Cursos de albanelería e fontanería no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: