Os veciños de Canedo, en Ponteareas, paralizan as obras de construción da rotonda

07/06/2009 at 20:26 Deixar un comentario

Luis Pardo Groba, como presidente da Asociación de Veciños de San Vicente e Canedo e en representación da mesma, informa que esta Asociación de Veciños decidiu paralizar as obras de construcción da rotonda de acceso aos nosos barrios dende o pasado luns 25 de maio de 2009 dado que “non recibimos a información técnica por nos demandada nin se nos presentou ningunha licencia que autorice dita construcción”.
Esta paralización inclúe a esixencia de reposición do estado inicial da obra e o seu entorno, ata “que os técnicos e mais os responsables do Ministerio saiban como se ten que executar unha obra”.
Dende esta Asociación tamén lamentan a “irresponsabilidade do Concello de Ponteareas por non atreverse a esixir a o Ministerio de Fomento o cumprimento da legalidade consentindo que se realicen obras atentando contra a legalidade en materia de medio ambiente e urbanismo e aínda por enriba alegando descoñecemento, do mesmo xeito tamén acusamos ao Partido dos Socialistas de Galicia PSOE de Ponteareas de cómplices dos atropelos do devandito Ministerio por apoiar a construcción dunha obra que a maiores de non cumprir a normativa en materia de construcción non e un exemplo de execución nin de respecto a os veciños/as”. Mentres tanto esta asociación insiste en aclarar que sí queren rotonda pero “non así”.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas felicita ao Club Deportivo Areas e á Sociedade Deportiva Xuvenil polos ascensos a terceira división nacional e a primeira división autonómica respectivamente O alcalde de Salvaterra asegura que a depuradora non verte ao río Miño augas sen depurar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: