Ponteareas solicitará un novo centro de educación primaria

07/06/2009 at 18:40 Deixar un comentario

A iniciativa do BNG para que Ponteareas conte cun novo centro de educación Primaria, para resolver  a masificación actual, recibíu o apoio unánime da Corporación Municipal segundo indican os propios nacionalistas. O Pleno acordou solicitar da Consellaría de Educación da Xunta de Galiza a construción dun novo equipamento educativo, para a etapa de Primaria, con todas as dotacións.
O BNg explica que o incremento dun 20% da poboación infantil, que ten masificados os centros actuais, obriga a que a Xunta teña que concretar este novo investimento en breve prazo. O novo centro tamén terá que prever as demandas dos vindeiros anos polo incremento da poboación de Ponteareas.

Na mesma iniciativa tamén se aprobou requerir á Consellería de Educación que realice antes do vindeiro curso as obras de mellora solicitadas pola comunidade educativa dos Centros “Bouza Brey” e “Virxe dos Remedios”.
“Son obras necesarias, en centros que teñen varias décadas, para mellorar a calidade do ensino”  manifestou Bolívar González, protavoz municipal do BNG
Os nacionalistas amosaron a sua satisfación por este apoio unánime pero lamentan a falla de previsión do goberno municipal do Partido Popular, “nin tan siquera foron capaces de realizar un informe sobre a situación do ensino en Ponteareas”, declarou Bolívar González.
“O Alcalde tamén ten que trasladar a Consellaría de Educación o acordo unánime da Corporación de oposición ao peche da escola unitaria de San Mateo de Oliveira, na que están escolaridados os nenos de 3 a 5 anos da parroquia. Máis de 500 veciños de San Mateo teñen asinado a solicitude de continuidade da escola, os veciños apostan porque a escolarizaicón dos primeiros anos, dos seus fillos, sexa no propio lugar no que viven ao tempo que evitan unha maior saturación dos demáis centros”.

Entry filed under: Ponteareas.

Augas de Mondariz organiza un concurso fotográfico Nós-Unidade Popular anuncia que non haberá aparcadoiro soterrado na Praza da Igrexa, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: