A escola de música de Mondariz organiza un xantar popular e varios festivais de música

19/06/2009 at 15:03 Deixar un comentario

O día 27 de xuño a escola de música de Mondariz celebrará un grande Xantar nos xardíns da escola (no colexio de Vilar en Pé do Muíño), a partir das 14.00.
De sobremesa haberá actuacións de varios grupos tradicionais, como a rondalla “Somos os que somos”ou o grupo tradicional “Pé do muíño”.
Tamén haberá concursos tanto gastronómicos (Concurso de sobremesas e tortillas) coma populares (Tiro a chave, carreira de sacos, tiro a corda, etc) .
E a partir das 20.00 celebrarase o “Primeiro Festival Rock da ESMU Mondariz”. Primeiro concursan 7 grupos de variados estilos musicais: Estado Puro de Moaña, Basiliades, Dsskartesband e Dolly Dagger de Ponteareas, Ashma de Vigo, …
A partir das 24.00 actuarán varios grupos convidados como son: Saldos Arias, Barni Gambel, Dark bliss, M.A.S, Rock de Cámara e Nocheni.
A entrada é de balde e está todo mundo invitado a participar do noso festival.

Ademais terán o día 26 de xuño o “Festival de Fin de curso” no que actuarán todas as agrupacións de escola, como son os grupos de pandereteiras, coro, orquestra, o grupo tradicional,… Celebrarase no Centro social de Mondariz a partir das 20.30.
E por último tamén terán o Festival de Fín de curso para os máis pequenos o mércores día 24 a partir das 20.00 no Centro Social de Mondariz.
A escola de Mondariz leva tres anos funcionando con un total de 183 alumnos, no que entre outras particularidades, ten a maior porcentaxe de adultos matriculados de ningunha escola de Galicia. Este ano levan feito innumerables actuacións e actividades das que lle relato un pequeno resume: Festival Caixanova de Panxoliñas, Serán en Vilacova, Fín de semana na Lanzada, 2º festival de primavera de Tui, intercambio coa escola de música de Caldas de Reis, Concertos didácticos, festivais de Nadal, cea de Nadal, etc.

Entry filed under: Mondariz.

II Merca en Salvaterra no parque da Canuda Esquerda Unida Ponteareas apoia aos veciños da rúa Reveriano Soutullo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: