O BNG de Ponteareas denuncia que o PP quere botar abaixo o plan de vivenda protexida do Paseo Matutino

19/06/2009 at 14:55 Deixar un comentario

O goberno municipal do Partido Popular, ven de votar en contra da iniciativa do BNG, que demandaba do novo goberno da Xunta de Galiza, a continuidade do plan de vivenda protexida no Paseo Matutino, promovido pola Consellaría de Vivenda e Solo do anterior Goberno Galego, segundo explican os nacionalistas.

O BNG acusa ao PP de botar abaixo unha iniciativa que prevé actuar sobre máis de 40.000 m2, situados entre o Paseo Matutino e a estrada a Guillade, coa a construción en Ponteareas de case 200 vivendas de protección, ademais de reservar 9.500 m2 para zonas verdes para disfrute de todos os veciños e veciñas, terreos para novos equipamentos, servizos públicos e aparcamentos, que significaría, segundo os nacionalistas “un novo modelo de urbanismo en Ponteareas, un  urbanismo ao servizo da xente, como sempre defendeu o BNG”. “Actuación vital para os vindeiros anos pois este plan permite actuar sin esperar polo PXOM, que o goberno municipal do PP é xa incapaz de aprobar nos dous anos que lle quedan”, manifestou Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG

Con este posicionamento,”o PP quere eliminar cunha das escasas opcións de crear emprego no sector da construcción no noso concello tal e como prevé o Plan de Vivenda Protexida para satisfacer  a demanda das maís de 600 familias inscritas no rexistro de demandantes de vivenda protexida”.

Para o BNG esta actitude do Partido Popular é irresponsable e incapaz de aprobar un PXOM e oponse á execución do proxecto sectorial de vivenda protexida, “ao alcade só se preocupa por quedar ben con Nuñez Feijoo e seguir as suas consignas, aínda que con elas perxudique o futuro de Ponteareas”, manifestou Bolívar González.

Entry filed under: Ponteareas.

Novo roteiro guiado do programa Debrúzate Tres cámaras webs achegaron o Corpus de Ponteareas aos internautas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: