Tres cámaras webs achegaron o Corpus de Ponteareas aos internautas

19/06/2009 at 14:56 Deixar un comentario

Tres cámaras web permitirán que a Festa do Corpus Christi de Ponteareas, poida ser seguida, en tempo real, en calquera parte do mundo a través de Internet. Dúas das cámaras poderán ser seguidas a través da propia páxina web do Concello de Ponteareas, www.ponteareas.es mentres que unha terceira o fará a través da páxina do Padroado de Turismo Rías Baixas, riasbaixas@org.
A páxina web do concello permitirá que todos os internautas, independentemente do lugar do mundo no que se atopen, poidan seguir en directo a confección das alfombras da rúa Oriente e da Praza de Bugallal, a través de senllas webcam instaladas en lugares que permitan unha visión integral da alfombra.
Pola súa banda a páxina web do Padroado de Turismo Rías Baixas, ofrecerá imaxes, tamén en directo da alfombra que se confeccione na Avenida da Constitución.
O pasado ano tamén foron tres as alfombras que foron seguidas por cámaras web durante todo o seu proceso de confección. A aceptación desta iniciativa, fixo que este ano, o Concello de Ponteareas, a través da concellería de Novas Tecnoloxías, que dirixe Alberto Novoa, repetirá a experiencia, coa que se quere dar unha maior difusión a unha festa que, dende este ano, goza da declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Ponteareas denuncia que o PP quere botar abaixo o plan de vivenda protexida do Paseo Matutino Aberto o prazo de inscrición para o concurso de go go´s e DJ´s de Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: