Malditos hipócritas! : artigo de Casilda González Rodríguez

22/06/2009 at 10:05 Deixar un comentario

O  23 de maio realicei a proba do Celga 4, o 24 a do Celga 2 e o 30 a do Celga 3. Xa ven, máis de 45 euros gastados en taxas, pero  necesitaba comparar os meus coñecementos cos dos señores gobernantes. Por fin, xa o teño claro, probablemente moitos deles non superarían nin o Celga 1.
Despois de  asistir a dous cursos de Celga 4, progresar adecuadamente, seguir os debates da galega, escoitar as comparecencias parlamentarias, acudir aos plenos, etc., mesmo me podo permitir o luxo de exclamar: malditos hipócritas!  Que pimpantes co seu vestiario, que gabanciosos coas súas licenciaturas e co seu currículo e, logo,  dá noxo escoitalos falar no noso idioma practicamente na súa totalidade.
Polo tanto, de momento non vou asistir a ningún outro curso de galego,  voume converter unha persoa tremendamente xenerosa e deixo a miña praza para calquera alcalde, concelleiro, conselleiro (sobre todo para os que suraron en vez de xurar na toma de posesión), deputado…,  posto que a precisan  máis ca min.
Se para ocupar un cargo público tiveran que estar dúas xornadas cun aparello para rozar, unha motoserra ou un sacho,  probablemente mostrarían empatía con algúns dos que se examinan. Que fácil é mofarse dos máis febles, verdade? Pero, teñan moito ollo!, que se redactan ben e fan un discurso espléndido de 4 minutos, pódenlle saír moitos competidores.
Señores avaliadores de Política Lingüística, sexan benévolos cos aspirante, pois moitos deles só precisan aprobar o exame para apagar o lume, usar unha tixola ou unha fregona. O libro editado do Celga 4 tamén ten bastantes erros e custa 18 Euros. Ah, graciñas por engadir dous folios nas probas, e se é verdade que permiten unha variación dun 20% de palabras sobre o total das esixidas, noraboa!, vese que comeza a imperar a razón.
Iso si, cando aprobe hei convidar aos meus amigos a unha ensalada de cogombros, un bocadillo de touciño enfebrado e, de sobremesa,  uns amorodos con tona.  Se suspendo irei á próxima convocatoria, a seguinte, a outra… Namentres, amolarei,  amolarei  e a algún convencerei.
Non quixera rematar sen recordar as dúas profesoras, pois lonxe de producir animadversión, fanatismo ou indiferenza como fan algúns políticos,  elas son verdadeiramente as  artífices de que a xente ame a nosa fala, porque así a senten, pensan e transmiten.
Montse, Belén,  sodes marabillosas!

Entry filed under: Condado-Paradanta.

Esquerda Unida amosa o seu apoio aos veciños de Canedo, en Ponteareas Actividades culturais e de lecer en Mondariz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: