Curso da Cámara de Comercio en Ponteareas

24/06/2009 at 14:42 Deixar un comentario

Hai dous anos que o Congreso dos deputados aprobaba a Lei do Estatuto do Traballo Autónomo, na que quedaba regulada laboralmente a figura do TAED, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente, segundo explica a Cámara de Comercio. Desde a publicación desta nova lexislación no Boletín Oficial Do Estado, a Cámara de Comercio levou a cabo diversas xornadas informativas en Vigo e as súas antenas camerales, reunindo a un cuantioso número de asistentes. Case 300 persoas beneficiáronse xa deste curso celebrado en seis ocasións diferentes. Agora, e por segunda vez consecutiva en Ponteareas, a Oficina territorial organiza o seminario, co que se pretende combater o descoñecemento xeneralizado que aínda existe en torno a estes profesionais.

Ao longo de hora e media, xerentes, asesores xurídicos, responsables de recursos humanos e mesmo autónomos poderán coñecer de perto o sistema baixo o que se rexen os TAED. O avogado Ignacio Olcoz abordará cuestións prácticas de gran utilidade, como determinar os dereitos destes traballadores, as súas obrigas e os tipos de contrato aos que poden acceder. A forma, o contido ou a duración das relacións contractuais mantidas cos clientes, así como as responsabilidades destes son algúns dos puntos que forman parte do programa. A xornada pretende así ofrecer solucións ás controversias que poden aparecer en torno a esta figura.

Segundo a nova Lei, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente é aquel que percibe, polo menos, o 75% dos seus ingresos dun único cliente. Trátase de persoas que non exercen unha actividade conxunta con outros profesionais e en ningún caso poden ter traballadores por conta allea, quedando terminantemente prohibido a subcontratación.

O seminario é gratuíto e celebrarase no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas o vindeiro 25 de xuño, entre as 20.30 e as 22 horas. Os interesados en acudir poden inscribirse a través do correo electrónico ponteareas.camaravigo@mundo-r.com ou chamando ao teléfono da institución 986 661 680.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG acusa ao goberno do Partido Popular de Salvaterra de ‘discriminación’ ao non aprobar a modificación da celebración da data dos plenos O alcalde de Salvaterra asegura que Martínez minte

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: