O alcalde de Salvaterra asegura que Martínez minte

24/06/2009 at 14:45 Deixar un comentario

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, manifesta que Gabriel Martínez, deputado provincial do Bloque, “mente” ao dicir que, se non se cambia o horario dos plenos municipais, é “unha discriminación e un abuso” por non poder desempeñar as súas responsabilidades. Grandal explica que Gabriel Martinez non foi escollido deputado provincial por votación directa dos veciños de Salvaterra e da provincia de Pontevedra, se non que foi nomeado “a dedo polo BNG, e para estes casos este partido nomeou suplentes”.

Engade o alcalde que “discriminación e abuso sería prexudicar a Marta Valcárcel que foi elixida directamente polos veciños de Salvaterra e da provincia de Pontevedra, deputada no parlamento galego, e necesita unha dedicación de tempo e traballo para desempeñar o seu labor”.

Ademais Grandal afirma que Gabriel Martínez “quere manter os “tres traballos” de funcionario no concello de Vigo, concelleiro en Salvaterra e Deputado en Pontevedra. Grandal pregúntase de onde pode sacar o tempo Martínez para atender minimamente ben a todo”.

Finalmente o alcalde manifesta que cando se acordou hai dous meses a mudanza da data do pleno, Martínez non dixo que lle coincidía co da Deputación. Grandal pregúntase “por que non o dixo naquel momento ou é que quere confundir aos veciños. Se máis adiante a deputada do Parlamento galego pode cambiar os horarios da súa axenda de traballo, o equipo de goberno non ten inconveniente en modificar o día dos plenos”.

Entry filed under: Salvaterra.

Curso da Cámara de Comercio en Ponteareas O BNG asegura que o concello de Ponteareas eleva o seu déficit a 14 millóns de euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: