O BNG acusa ao goberno do Partido Popular de Salvaterra de ‘discriminación’ ao non aprobar a modificación da celebración da data dos plenos

24/06/2009 at 14:39 Deixar un comentario

O portavoz do BNG no Concello de Salvaterra, Gabriel Martínez, acusa ao goberno local de discriminación ao non aprobar o cambio de data de celebración dos plenos da corporación municipal, xa que entende que a súa coincidencia coa data dos plenos da Deputación provincial lle impide exercer as súas responsabilidades. “Esta actitude é froito do medo que o PP ten ao constante aumento do BNG en Salvaterra”, salienta o concelleiro nacionalista.

Segundo explica o concelleiro do BNG e deputado provincial, os plenos municipais celebrábanse ata o mes de abril os últimos martes de cada mes par. Tras a elección da concelleira do Partido Popular Marta Valcárcel como deputada no Parlamento galego, o equipo de goberno decidiu mudar a data de celebración dos plenos municipais ao último venres de cada mes par, baixo a xustificación de que a concelleira puidera desempeñar ambas funcións. Deste xeito, os plenos do Concello de Salvaterra coinciden cos correspondentes á Deputación de Pontevedra, impedindo a asistencia do deputado do BNG, Gabriel Martínez.

Co obxectivo de evitar esta coincidencia e poder exercer as súas responsabilidades, o concelleiro nacionalista solicitou por escrito o pasado 5 de xuño a modificación da data dos plenos locais. Na comisión de asuntos do pleno, celebrada o 19 de xuño, o equipo de goberno votou en contra, argumentando que non existía outro día “libre” que permitise celebrar o pleno segundo indican os nacionalistas. Ao respecto, Gabriel Martínez considera que esta decisión supón “unha discriminación respecto a unha compañeira da corporación do partido de goberno e un abuso de poder que lle impide exercer as súas funcións como concelleiro e deputado”.

Gabriel Martínez, ademais, lembra que noutras ocasións se ten modificado a data de celebración plenaria. Así, sinala que o pleno correspondente a decembro de 2007 tivo lugar o 8 de xaneiro de 2008, e o de decembro de 2008 celebrouse 23 de xaneiro de 2009. Indica ue existen numerosas alternativas que permitirían aos cargos electos exercer as súas responsabilidades, como adiantalos unha semana, celebralos polas tardes ou mesmo os sábados, “de forma que a deputada Marta Valcárcel tampouco sería prexudicada”, indica.

Entry filed under: Salvaterra.

Primeira concentración de carros do pais en Salvaterra Curso da Cámara de Comercio en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: