O goberno de Ponteareas acusa ao BNG de falsear a realidade ao falar da liquidación das contas do 2007

25/06/2009 at 15:41 Deixar un comentario

O Goberno de Ponteareas, acusou hoxe ao Bloque Nacionalista Galego local, de seguir utilizando “unha táctica de verdades a medias” logo das declaracións realizadas polos nacionalistas encol da liquidación  2007 e que, segundo a viceportavoz municipal do BNG, Sandra Araúxo, elevan o déficit acumulado a máis de 14 millóns de euros.
A explicación da liquidación correspondente ao ano 2007 vén marcada, segundo o goberno local, por un feito moi puntual, como era a débeda que o Concello de Ponteareas mantiña dende hai moitos anos coa Tesourería da Seguridade Social e coa Facenda Pública. Débeda que durante 14 meses o concello ponteareán deixou de ingresar o 100% da apartación dos tributos do Estado (345.000 € mes) ,que supuxeron algo máis de 4 millóns de euros. Ademais, sinalan que neste ano 2007  destináronse máis de 7 millóns de euros en facer pagos, superando a cantidade pagada en 2006.
Todos estes datos son, segundo o Goberno Local, “perfectamente coñecidos polos concelleiros e concelleiras do BNG que, sen embargo, prefiren obviar á hora de ofrecer unha versión, totalmente terxiversada, sobre este asunto”.
Pola contra, o goberno local asegura que a súa xestión económica quedará aclarada cando se fagan pública a liquidación do ano 2008, “que reflectirán unha máis que notable melloría da situación financeira do Concello” xa que o Goberno Local puxo en marcha medidas como a sinatura dos convenios coa Seguridade Social e Facenda, a revisión do IBI ou a actualización de determinadas taxas e impostos que estaban totalmente desfasados.
No que fai referencia ás acusacións de “dilapidación de cartos e falla de xestión recadatoria” das que se fala dende as filas nacionalistas, o goberno lembra que “nestes momentos de crise non son os máis idóneos para gravar ás familias de Ponteareas con novas taxas ou incrementos das mesmas”. Do mesmo xeito, consideran que “tampouco son os tempos máis apropiados para, en aras dun maior aforro, deixar de prestar servizos básicos para a comunidade, como son os da axuda a domicilio, conservatorio municipal ou escola infantil entre outros moitos”.
Finalmente, o Goberno Local, pide ao Bloque Nacionalista Galego que “deixe de unha vez por todas, de terxiversar e falsear a realidade e de utilizar de xeito torticeiro, a liquidación do Concello e a sensibilidade social que esperta este tema, como arma para obter unha máis que dubidosa rendibilidade política que non son capaces de conseguir por outros medios”, entendendo que a situación económica do concello ven arrastrada de moitos anos atrás e que o traballo feito e que se esta facendo coa posta en marcha de diferentes medidas son resultados que irán véndose co tempo.

Entry filed under: Ponteareas.

Torneo de baloncesto en Salvaterra de Miño O delegado da Xunta de Pontevedra asegurou que Ponteareas será un concello prioritario nos investimentos da Xunta de Galicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: