O BNG das Neves informa das obras do Plan E

07/07/2009 at 16:03 Deixar un comentario

 O Bng das Neves quere informar sobre a situación das obras que se están a realizar no concello ao abeiro do plan do Estado para a dinamización e o fomento do emprego.
Oscar González, responsable municipal ten denunciado o reparto desigual do fondo entre o casco urbán e as parroquias, a non atención aos servizos básicos, a falta de planificación e tamén a tala de árbores centenarias todo elo sen ningún tipo de aclaración nin consulta nos plenos, nin tampouco aos colectivos empresariais ou veciñais.

“Actualmente son moitas as críticas que temos nós e tamén os veciños. Os comerciantes están sufrindo as obras xa que o tráfico está totalmente cortado no centro hai un mes. Os posibles usuarios do comercio das Neves pasan pola Circuvalación pero non paran. Solicitamos se habilite o tráfico alomenos un sentido durante as obras ainda que poidan haber cortes totais puntuais (horas, días). Ademáis pedimos que se coloquen carteis indicativos do centro na zona do Colexio”.

Segundo os nacioanlistas nas obras de humanización non hai previsión de reposición de árbores (as beirarrúas están case rematadas); tiran cunha ducia de árbores. “Os taxistas entéranse como poden de que os van cambiar de lugar e por certo non estan moi contentos. A seguir virán os problemas coa a dirección única e o sentido de tráfico. Noutras obras como son as marquesinas para o transporte público, colocan unha que custa máis de 4000 euros a 50 metros doutra xa existente no mesmo sentido do tráfico”.

Para o BNG “queda clara a incapacidade e a deixadez do goberno do Partido Popular nas Neves, que permite ademáis que non se cumpla un dos obxectivos do plan, como é o fomento do emprego. Estánse subcontratando as obras a empresas portuguesas que non contratan operarios da zona que estén en paro”.

Dende o Bng das Neves fan este tipo de denuncias de maneira continuada porque “é a fórmula que nos queda para defender os intereses do noso pobo, xa que nas mocións e preguntas nos plenos as respostas da Alcaldía escapan do tema e nunca son claras, nunca resolven nada, as veces son un sí, sí pero logo é non”.

Entry filed under: As Neves.

O BNG de Mondariz denuncia a contaminación do río Tea Salvaterra entregou os premios de Educación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: