O BNG de Ponteareas afirma que o Partido Popular paraliza o Parque Empresarial porque defende outros intereses

07/07/2009 at 15:30 Deixar un comentario

 O BNG de Ponteareas afirma que o Partido Popular paraliza o Parque Empresarial porque defende outros intereses. Para os nacionalistas, nunca antes unha visita institucional dun cargo público do Goberno Galego resultara tan negativa para Ponteareas coma a desta semana do Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Agora sabemos os resultados reais desta visita, trasladarlle ao alcalde, Salvador G. Solla, que o parque empresarial “Val do Tea”, quedará a cola e antes priorizarán outros investimentos pero non en Ponteareas.

Para Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG, O Delegado da Xunta e o Alcalde, acaban de facer o maior exercicio de “cinismo político”, primeiro afirman que o concello de Ponteareas “será prioritario nos investimentos a realizar pola Xunta de Galicia, agora veñen de confirmar as suas verdadeiras intencións, paralizar todos os compromisos de investimentos en Ponteareas, iniciados polos nacionalistas no anterior Goberno Galego como o parque empresarial Val do Tea ou botar abaixo o o plan de vivenda protexida do Paseo Matutino entre outros”.

Resulta difícil ver como se pode facer máis dano a Ponteareas en momentos de crise como os actuais, afirmou Bolívar González, “nestes momentos nos que todas as administracións priorizan os investimentos en obra pública e o fortalecemento do tecido productivo para salir mellor da crise económica”, o PP fai todo o contrario en Ponteareas, declarou o portavoz do BNG

Por outra parte, o BNG  retou ao Partido Popular a solucionar a ordenación da zona industrial da Lomba nos dous anos que lle quedan no goberno municipal. Os nacionalistas responsabilizan ao PP desta situación que sofren as empresas alí instaladas. “O PP non foi capaz de solucionar a ordenación desta área industrial despois de decenas de anos na Xunta e no goberno local”.

Entry filed under: Ponteareas.

A Deputación contrata por 470.000 euros o servizo de banda ancha Wimaxrural experimental ás empresas Iberbanda e R Cable Os veciños de Canedo, en Ponteareas, chegan a un acordo para a construción da rotonda

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: