O BNG reclama a modificación “consensuada” da data dos plenos para que ningún concelleiro ou concelleira teña problemas de incompatibilidade

07/07/2009 at 15:28 Deixar un comentario

Os concelleiros do grupo municipal do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, Patricia Rodríguez e Antón Lorenzo, abandonaron a última sesión plenaria de Salvaterra como medida de protesta contra a decisión do goberno local de non buscar unha data de consenso entre as tres forzas políticas con representación municipal para celebrar os plenos. Segundo os nacionalistas “con esta medida, o equipo de goberno presidido por Arturo Grandal só pretende impedir que o concelleiro e deputado provincial Gabriel Martínez leve a cabo a súa labor de denuncia e fiscalización na Deputación”.

Gabriel Martínez asegura que esta actitude é “unha mostra máis da prepotencia coa que actúa o goberno local do Partido Popular”, plasmada asemade no inicio da sesión plenaria, tratando de impedir a intervención do portavoz nacionalista. Porén, o concelleiro nacionalista anunciou antes da saída da sesión que o grupo municipal do BNG “renuncia á súa asignación pola asistencia ao pleno”.

Segundo Gabriel Martínez, o goberno municipal “trata de impedir o normal desempeño do meu traballo”, e lembra que froito do mesmo na institución provincial denunciou a “falsificación da certificación da variante de acceso a Lira e as irregularidades do pavillón de Leirado”, entre outros exemplos.

Respecto á argumentación aducida polo alcalde de Salvaterra de que a concelleira e deputada no Parlamento galego Marta Válcárcel “ten todos os días ocupados en Santiago”, o portavoz do BNG plantea a pregunta de “cando traballa entón en Salvaterra”. O concelleiro do BNG criticou asemade  as declaracións de Arturo Grandal segundo as cais os deputados provinciais teñen nomeados suplentes. “Non é certo que nas deputacións exista a figura de suplente, simplemente se un deputado ou deputada renuncia, asume o cargo a seguinte persoa na lista”, explica Gabriel Martínez.

Pese a ter abandonado o pleno o grupo municipal do BNG de Salvaterra deixou planteadas diversas cuestións por escrito ao equipo de goberno. Entre elas figuran preguntas sobre o estado do pavillón de Leirado e a súa entrega ao Concello por parte da Deputación. Os nacionalistas solicitan tamén explicación sobre diversos compromisos adquiridos polo equipo de goberno sobre o arranxo de viais e colocación de puntos de luz en diferentes barrios e parroquias do municipio. Por outra banda, preguntan se existía algún compromiso por parte de alcaldia de non cobrar a varias empresas de Salvaterra que teñen conexión á rede de abastecemento de auga.

Entry filed under: Salvaterra.

O delegado da Xunta de Pontevedra asegurou que Ponteareas será un concello prioritario nos investimentos da Xunta de Galicia A Deputación contrata por 470.000 euros o servizo de banda ancha Wimaxrural experimental ás empresas Iberbanda e R Cable

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: