O delegado da Xunta de Pontevedra asegurou que Ponteareas será un concello prioritario nos investimentos da Xunta de Galicia

07/07/2009 at 15:28 Deixar un comentario

O Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, afirmou hoxe que o concello de Ponteareas “será prioritario nos investimentos a realizar pola Xunta de Galicia”. Cores Tourís fixo estas declaracións no decurso da visita institucional realizada na mañá de hoxe ao concello de Ponteareas. Con esta visita, o delegado da Xunta en Pontevedra, cumpre o compromiso que adquirira nunha xuntanza cos alcaldes das comarcas do Condado e A Paradanta en Mondariz Balneario, onde expresara a súa intención de percorrer, un por un, todos os concellos pontevedreses.
José Manuel Cores Tourís, que comezaba a visita á zona por Ponteareas, “por ser cabeceira de toda a comarca”, afirmou que este fora un dos concellos máis discriminados, en materia de investimentos, durante o anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia, polo que expresou a intención do actual goberno galego, de poñer fin a esta situación e converter a Ponteareas nun concello prioritario á hora de realizar inversións.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, logo de agradecer o feito de que Ponteareas fora o primeiro en recibir a visita institucional do Delegado da Xunta, transmitiulle as principais necesidades do concello en diversas materias, comezando polo desbloqueo da rotonda que se construirá na rúa Fermín Bouza Brey na súa confluencia coa estrada de Salvaterra, que se atopa en proceso licitación, de cara a que se constrúa no máis breve prazo de tempo posible.
Por outra banda, González Solla, volveu a incidir na necesidade da construcción do denominado colector das Covas, que transcorrerá dende o colector, xa construido pola Deputación e polo concello, ata a Estación Depuradora Municipal. Cores Tourís explicou a este respecto que, estes colectores prometidos pola anterior Consellería de Medio Ambiente a todos os concellos, “estaban sen construírse e sen financiamento para a súa construcción, en case que no 70% de concellos gobernados polo Partido Popular”. O Delegado, que amosouse receptivo ás peticións do alcalde, expresou a súa intención de retomar a construcción desta infraestructura de xeito urxente.

A Construcción da Estación de Tratamento de Auga Potable, foi outros dos temas tratados no encontro entre José Manuel Cores e Salvador González Solla. O alcalde ponteareán solicitou a axilización de todos os trámites, de xeito que esta importantísima obra, puidera estar operativa canto antes. Asemade, o rexedor ponteareán pediu a Cores Tourís que a Xunta de Galicia estudase a posibilidade de que a achega que ten que facer o Concello para esta obra (un 30% do investimento o que supón preto dos 414.000 euros) puidera ser menor, tendo en conta, por unha banda, a situación económica do concello e, por outra, que noutros municipios e por parte do anterior goberno da Xunta de Galicia, esta infraestructura foilles financiada ao cento por cento.
Axilización dos trámites para a posta en marcha do polígono industrial “Val do Tea”, atendendo ás suxestións realizadas polos colectivos veciñais e polo propio Concello, e a posta en marcha dun protocolo de ordenación da zona da Lomba, para unha mellor ordenación das empresas alí situadas, foron tamén temas tratados no encontro mantido entre o alcalde ponteareán e o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra. En ámbolos dous temas, afirmou Salvador González Solla, “Cores Tourís amosouse moi receptivo e comprometeuse a trasladar, ás consellerías con competencias nas diferentes materias, todas e cada unha das necesidades que tiña o concello ponteareán”.

Entry filed under: Ponteareas.

O goberno de Ponteareas acusa ao BNG de falsear a realidade ao falar da liquidación das contas do 2007 O BNG reclama a modificación “consensuada” da data dos plenos para que ningún concelleiro ou concelleira teña problemas de incompatibilidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: