O grupo de 3º de ESO de “La Inmaculada”, finalistas autonómicos de “El Pais de los Estudiantes”

07/07/2009 at 16:10 Deixar un comentario

Convocados polo xornal “El Pais” e patrocinados por Endesa e Caixa Galicia, os xornalistas de 3º de ESO de “La Inmaculada” volveron a clasificarse entre os tres mellores a nivel autonómico.
Por terceiro ano consecutivo, desde que se anotaron por primeira vez, os xornalistas dixitais da ESO do Colexio “La Inmaculada”, volveron quedar campións. Co 2º número de “Ecos da Picaraña”, os reporteiros e maquetadoras de 3º de ESO, coordinados pola titora Susi Rodríguez, foron quen de desbancar do podio aos 210 colexios restantes e alzarse co 3º premio a nivel autonómico.  Tal e como contaron os alumnos no acto de recollida do premio en Compostela: “os comezos foron duros, pero estábamos moi entusiasmados, e pouco a pouco fomos atopándolle o lado divertido. Pasámolo moi ben”. Hai que destacar que a maioría dos equipos participantes restantes, estaban conformados por alumn@s de 1º e 2º de Bacharelato, coa desventaxa que supuxo isto para os reporteiros de Ponteareas. Cun programa de maquetación descoñecido para eles, conseguiron elaborar un xornal co número de páxinas máximo permitido pola dirección do concurso: dúas páxinas por sección das cales se destacaron na entrega de premios, o artigo sobre vermicompostaxe, a labor do grupo ecoloxista ADENCO, as tarefas de investigación dos axentes forestais contra o lume ou a enorme tradición musical da Villa do Tea con entrevistas a Teresa Novoa, Roxelio Groba e Xulio Domínguez.
Os rapaces están moi satisfeitos polos traballos de investigación, reportaxes, fotografías e maquetación feitos en equipo. Ademais na entrega de premios algúns periodistas e columnista de “El Pais” felicitaron persoalmente o seu traballo. Xa están pensando en concursar o vindeiro curso.
O grupo de 4º de ESO, da man da titora Chus Iglesias, tamén conseguiron publicar con éxito  “O trobador do Tea” xa na súa terceira edición. Noraboa a eles tamén polo obxectivo rematado. Se queredes velos dous xornais ou os dos cursos anteriores, non tedes máis que entrar en: http://estudiantes.elpais.es/

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG renova a súa dirección comarcal Roberto Barreda e José Antonio Vázquez gañan o 3º concurso de Disc Jockeys

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: