Roberto Barreda e José Antonio Vázquez gañan o 3º concurso de Disc Jockeys

07/07/2009 at 16:11 Deixar un comentario

O primeiro premio da 3ª edición do Concurso de Disc Jockeys é compartido. Roberto Barreda Rodríguez  e José Antonio Alonso Vázquez, DJ Liam-T, nevense e vigués, respectivamente, que ademais, en agosto, figurarán no cartel cos artistas do Son da Muralla, que este ano con Sanny DJ e DJ Neil.

Barreda, de 29 anos, manifestou que “houbo un nivel moi alto” nesta edición. E tras recibir o premio exclamou: “A música é toda a miña vida”. Este nevense de Setados, desde moi cativo sempre tivo oportunidade de se familiarizar coa música e agora cando non traballa, gústalle escoitar ou producir música. Presentouse ao concurso con nome de DJ Psicomantis, aínda que el cando pincha é coñecido polo seu nome de pila. Gústalle o tecno e encántalle o  house. “Non me pecho. Gústame toda a música sempre e cando sexa boa, de calidade de calquera estilo” e gusta de pincha en vinilo. O día do Son da Muralla pensa que vai pinchar tecno-tribal “intentarei que a xente o pase ben e que se divierta”.

Tamén se celebrou o segundo Concurso de Go-gós. O primeiro premio masculino foi para Miro, Edelmiro Pereira Sanpedro (18 anos, Salvaterra); e o femenino, Maite, Maite Fernández Pregal (19 anos, Vigo).

Os premios foron entregados pola tenente de alcalde e deputada autonómica, Marta Vacárcel, quen destacou “a forza que vai collendo este concurso nun tema como a música que atrae aos mozos”.

Entry filed under: Salvaterra.

O grupo de 3º de ESO de “La Inmaculada”, finalistas autonómicos de “El Pais de los Estudiantes” ADEGA denuncia o suposto uso de Herbicidas nas plantacións de Eucaliptos xestionadas por NORFOR

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: