A concelleira de Persoal de Ponteareas acusa ao BNG de ‘falsear a realidade’

14/07/2009 at 10:48 Deixar un comentario

A concelleira delegada de Persoal do concello de Ponteareas, Isabel González Lago, saíu ao paso das acusacións realizadas polo Bloque Nacionalista Galego nas que afirmaban que “o Goberno Local ocultaba a oferta de emprego público de persoal laboral fixo”.
A concelleira salientou a súa intención de non consentir que nun tema que “esperta unha grande sensibilidade social, se falsee a realidade na procura dunha suposta rendibilidade política”. González Lago puntualizou que para a convocatoria das oito prazas de persoal laboral fixo ás que fan referencia os nacionalistas, “seguíronse todos os requisitos establecidos legalmente, mantendo sempre os principios constitucionais de igualdade, mérito, publicidade e capacidade”.

Segundo a concelleira responsable de persoal, as bases “foron publicadas na súa integridade no BOP de data 25 de marzo do 2009, atópanse na web do Concello de Ponteareas dende o 26 de febreiro, publicouse no DOG a oferta pública o 21 de maio e, finalmente, publicouse no BOE con data 19 de xuño”. Esta última data é a que se toma como base para presentación de instancias nos 20 días seguintes.
“Con isto queda claramente demostrada a falsidade das declaracións do BNG de que tan só foron publicadas no Boletín Oficial do Estado”. Este feito deixa en evidencia, segundo González Lago “que ou ben non se decataron da publicación da oferta en todos os medios que establece a Lei, que xa é grave, ou que decatándose deste feito, falsean a realidade, o que é mais grave aínda”.
De que a publicidade dada a estas prazas foi máis que suficiente fala o feito, segundo a concelleira de Persoal, “de que numerosísimas persoas, de toda Galicia, chaman ao departamento de Persoal, interesándose polas prazas e dos requisitos para poder optar ás mesmas, do mesmo xeito que o BNG podería ter feito antes de difundir informacións totalmente falseadas”.
Isabel González Lago lamentou finalmente, que por parte do BNG se diga aos veciños e veciñas que de non ser atendidos no Concello, eles mesmos ofrecerán esa información. Para a concelleira de Persoal, ditas declaracións, “máis que supoñer un ataque político ao Grupo de Goberno, supoñen un ataque frontal á profesionalidade do persoal do concello”.

Entry filed under: Ponteareas.

A grada do campo de fútbol do Xuvenil conta cunha nova cuberta A Asociación de Veciños de San Vicente e Canedo denuncia o suposto ‘acoso’ ao que son sometidos dende a subdelegación do goberno de España na provincia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: