A concellería de servizos de Ponteareas abre unha oficina de atención ao público na rúa Oriente

14/07/2009 at 09:47 Deixar un comentario

A mellora continua do servizo que se presta ao cidadán e a optimización dos recursos de cara a dar unha máis rápida e eficaz resposta a calquera tipo de incidencia, son dous dos obxectivos que busca a remodelación do servizo de alumeado público que dirixe o concelleiro ponteareá Domingo Freitas Dalmeida.
Para conseguir ámbolos dous fins, a concellería vén de abrir unha nova oficina de atención ao público, que está situada nos baixos do Centro de Servizos Sociais da ponteareá Rúa Oriente.
Nesa oficina, veciños e veciñas poden presentar non só reclamacións ou peticións de reparación de incidencias que afecten ao alumeado público, senón tamén as suxestións que queira facer de cara a mellorar dito servizo ou as aclaracións que teñan sobre o mesmo.
Con esta nova oficina e co Servizo de Atención Telefónica Permanente no numero 986 64 22 45, –no que os veciños e veciñas poderán deixar as súas mensaxes para dar conta de incidencias as 24 horas do día– a Concellería de Alumeado busca, segundo explicaba o concelleiro delegado do servizo, Domingo Freitas Dalmeida, “reducir o tempo de resposta entre o momento en que un veciño da conta dunha incidencia no servizo e o momento en que esta é arranxada”. Segundo o concelleiro de alumeado, se pretende que “unha vez que o servizo de atención telefónica permanente estea en marcha, as incidencias poidan ser solventadas no prazo máximo dunha semana, xa que permitirá o establecemento dun calendario de traballo axeitado á realidade do servizo”.

Entry filed under: Ponteareas.

Curso de teatro en Mondariz Salvaterra acolle a cuarta edición da Festa do Río

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: