A Deputación abre un prazo de 26 días para a rehabilitación do auditorio por un importe de 1,3 millóns de euros

14/07/2009 at 09:34 Deixar un comentario

A Deputación de Pontevedra abriu hoxe un prazo de 26 días naturais para que as empresas interesadas na obra de Rehabilitación do Auditorio de Ponteareas, por un importe de 1,3 millóns de euros, poidan presentar ofertas á realización do traballo.
A execución da citada obra encadrase dentro do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas cun presuposto de 1.344.186 euros, máis 215.069 de IVE, e un prazo máximo de execución de 22 meses. A cantidade a aportar polo Concello supera os 312.000€, mentres que a Deputación financiará o resto.
Na adxudicación do contrato, a Deputación terá en conta criterios como a memoria constructiva, melloras na calidade e de seguridade e saúde, tecnoloxía e I+D+i, programas de actuacións medioambientais, reducción do prezo e do prazo de execución e o plan de control de calidade da obra, entre outros. Poderán optar á obra as empresas do Grupo C, subgrupo 6, categoría D. A apertura de ofertas terá lugar o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

Entry filed under: Ponteareas.

Ponteareas comeza o programa de actividades de verán O concello de Ponteareas remata as obras de alumeado en Cristiñade e Nogueira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: