Aguas de Mondariz renova a súa imaxe cunha inversión de cinco millóns de euros

14/07/2009 at 11:28 Deixar un comentario

Augas de Mondariz comezou a renovar a súa imaxe co lanzamento ao mercado dunha nova gama de botellas de vidro que recupera os trazos modernistas do século XIX-época de maior esplendor de Mondariz – e ofrece múltiples vantaxes diferenciais, tanto no ámbito da loxística como no da distribución.
Este proceso de renovación dos envases de vidro é froito do traballo de I+D+i realizado pola compañía durante os últimos dous anos e comporta un investimento próximo aos 5 millóns de euros.
Augas de Mondariz iniciou a pasada semana a distribución dos novos envases aos seus clientes, dentro dun proxecto que suporá a saída ao mercado de 10 millóns de botellas. Trátase de envases máis eficientes, xa que o formato de 750 ml, ao presentarse en caixas de 18 unidades especialmente creadas e patentadas por Augas de Mondariz, permite optimizar o espazo ocupado para a súa almacenaxe ata nun 75%. Ademais, este envase tamén incrementa a súa eficiencia en parámetros de consumo enerxético, xa que o mellor aproveitamento das neveiras reduce o gasto de enerxía.

Así mesmo, a posibilidade de transportar máis litros en cada reparto permite recortar nun 39% os custos de reparto e subdistribución e reducir as emisións de CO2. Estas novas botellas, que representan ao mesmo tempo a historia e a vangarda dunha marca como Augas de Mondariz, son redondas e máis estilizadas e elegantes. O seu deseño evoca a etapa de maior esplendor de Mondariz e integra elementos modernistas como as grecas e os relevos cunha lenda sobre o colar da botella que lembra a orixe desta empresa centenaria: “Mondariz desde 1873”.

Ademais, unifícase o tapón de rosca de todos os envases, pensando na comodidade para o consumidor e nunha imaxe máis moderno acorde coa evolución do mercado.

Adaptación de formatos
Co obxectivo de adaptarse aos estándares do mercado internacional, Augas de Mondariz, que ten distribución en 30 países, aposta por dous novos formatos de vidro: a botella de 750 ml para o consumo en mesa e a de de 330 ml para o consumo individual. Ademais, opta polo vidro transparente para as botellas de auga sen gas e a cor verde esmeralda para as de auga con gas, un cambio que recupera a antiga diferenciación de botellas por produtos e se aliña cos códigos cromáticos internacionais da auga carbonatada.
Estes cambios permiten a Augas de Mondariz situarse á cabeza das empresas de auga mineral que lideran a utilización do innovador formato de 750 ml, xa habitual noutros produtos como o viño e que continúa gañando aceptación entre os consumidores de auga mineral.

Unha imaxe diferenciadora
O director xeral de Augas de Mondariz, Javier R. Losada, destaca que estes novos envases de vidro “representan a esencia dunha marca como Mondariz, que ao longo de súas 136 anos de vida ha sabido innovar e modernizarse sen deixar de lado os valores positivos que achega a súa historia centenaria”. Ademais, resalta que con esta renovación se buscou unha maior eficiencia loxística e medioambiental e se pretende “ofrecer aos consumidores unha imaxe diferenciadora e vangardista, que observe a altura da incuestionable calidade da auga de Mondariz”.

Acerca de Augas de Mondariz
Augas de Mondariz é unha compañía dedicada ao embotellado e comercialización de auga mineral natural. É líder do mercado no noroeste peninsular, está presente en 30 países dos cinco continentes e este ano prevé continuar ampliando a súa rede de distribución internacional. No 2008, a cifra de negocio de Augas de Mondariz superou os 20 millóns de euros e a súa actividade se traduciu na produción de 98 millóns de litros de auga embotellada, que foron comercializados en máis de 140 millóns de envases. O cadro de persoal media de Augas de Mondariz é de 112 empregados directos, que se completan coa xeración de máis de 200 postos de traballo indirecto.

Entry filed under: Mondariz.

Novo alumeado en Ribadas, Soutelo e Requeixo, barrios da parroquia de Celeiros, en Ponteareas O BNG de Ponteareas acusa ao Partido Popular de ocultar as ofertas de emprego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: