As nais e pais da escola de San Mateo consideran que a Consellería de Educación e o Concello de Ponteareas non son ‘transparentes’

14/07/2009 at 09:03 Deixar un comentario

As nais e pais dos alumnos da escola de San Mateo aseguran que dende que se lles comunicou de “xeito informal sen ningún tipo de documento oficial” o peche da escola a finais de marzo opuxéronse tanto eles como o resto dos veciños.
A oposición ao peche plasmouse, segundo explican, de xeito formal a traverso de numerosos escritos a cargos públicos que directa ou indirectamente toman decisións en materia de educación, transmitindo en todo momento os motivos da oposición e aportando a documentación que os soporta.

O motivo principal no que se basea a defensa pola permanencia da escola na parroquia é que para o curso 2009-2010 o número de cativos supera o mínimo esixido pola Consellería, así como outros motivos tamén relevantes.

Segundo estes pais enviaronse escritos de oposición ao anterior delegado provincial de Educación en Pontevedra, ao concelleiro de Educación do concello de Ponteareas, ao alcalde de Ponteareas, á consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ao delgado provincial en Pontevedra, J.M. Cores Tourís, á delegada Territorial de Vigo, Lucía Molares, ao Servizo de Inspección de Pontevedra, onde se abríu o expediente, ademais de realizar o correspondente seguimento e realizar outras xestións como a recollida de 500 sinaturas da parroquia.

Por último aportáronse, a petición do servizo de inspección de Pontevedra, as nove instancias na que os pais e nais dos nove cativos que existen para cursar educación infantil no curso  2.009-2.010 confirman que a matrícula é efectiva.

“Aínda así parece que non é suficiente e así se nos trasmite de xeito informal por parte do alcalde Salvador González Solla solicitando outras instancias que foron entregadas ao día seguinte”.

Estas nais e pais consideran que a Consellería de Educación debería notificar por escrito a decisión final e o motivo real do peche da escola de San Mateo.

As nais e pais tan só piden transparencia e claridade tanto por parte da Consellería como por parte do concello de Ponteareas e, a súa vez, insisten en que lles trasmitan de xeito oficial onde cursarán a educación infantil os seus fillos o vindeiro curso.

Entry filed under: Ponteareas.

O domingo 26 de xullo celebrarase na Picaraña, Ponteareas, a Copa BTT Deputación de Descenso Ponteareas comeza o programa de actividades de verán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: