Chega a Salvaterra o tradicional descenso de Tarecos

14/07/2009 at 08:32 Deixar un comentario

O xa tradicional descenso do río Miño en ‘tarecos’ terá lugar o domingo 2 de agosto, a partir das 20.30 horas, entre a ponte internacional en Salvaterra de Miño e o parque público A Canuda. Estas embarcacións feitas de xeito caseiro, con materiais reciclados doutros usos, van ser puntuadas polo xurado pola súa orixinalidade, flotabilidade así como pola posta en escena das tripulacións. Como anos anteriores serán moitos os colectivos de Salvaterra os que preparen unha embarcación destas características para competir en tan singular concurso.

Está aberto a participación de todo tipo de persoas (os nenos de 12 anos precisan de autorización paterna). O mínimo de participantes son dous por embarcación e cómpre que flote alomenos unha distancia de 25 metros. Está prohibido levar animais nas embarcacións.

Hai dúas categorías de premios. Para adultos hai 7 premios que van dos 400 euros e trofeo acreditativo (trofeo para os catro primeiros) ata os 100 euros da embarcación que quede en 7º lugar. Os premios de categoría infantil son catro e van dos 250 euros e trofeo acreditativo ata o cuarto de 100 euros.

A tenente de alcalde e deputada autonómica, Marta Valcárcel, subliña o esforzo do Concello de Salvaterra por incrementar este ano o importe dos prezos así como que “o descenso de ‘tarecos’ é o máis divertido da Festa do Río Miño e onde a participación e implicación da xente é maior. Este ano contamos con miles de persoas á beira do río para divertirse observando o descenso deste artiluxios flotantes. Convidamos a todos a participar e a ver o descenso”.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG de Ponteareas critica ao alcalde por non garantir a continuidade da escola de San Mateo O domingo 26 de xullo celebrarase na Picaraña, Ponteareas, a Copa BTT Deputación de Descenso

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds