Curso de iniciación á escalada en Ponteareas

14/07/2009 at 10:22 Deixar un comentario

O concelleiro delegado de Educación do Concello de Ponteareas, José Iglesias Fernández, acompañado polo primeiro tenente de alcalde do concello ponteareán, Juan Carlos González Carrera, inauguraban o Curso de Iniciación á Escalada que a Concellería de Educación organiza en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva MonteAventura.
Logo desta primeira fin de semana, o curso, no que participan preto de 15 mozos e mozas de Ponteareas, continuará nas fines de semana do 11, 12, 18 e 19 e xullo.
O cursiño, desenvolverá as súas actividades no rocódromo natural que o concello de Ponteareas ten no monte da Picaraña. O curso corre a cargo de Marcos Pérez Tellado, alpinista de elite pola Federación Rusa de Alpinismo, amais e guía de alta montaña e coordinador de rescate en grandes paredes.
Ao longo das fines de semana que dure esta iniciativa, os participantes poderán coñecer os diferentes tipos de escalada, os materiais técnicos que se utilizan, prácticas de aseguramento e montaxe de materiais, prácticas de cordada e rapel de yoyo e interpretación de táboas de escalada entre outros moitos temas.
O primeiro tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, explicaba que a realización desta iniciativa, estaba xa proxectada dende hai tempo porque “daba resposta aos numerosos veciños e veciñas que, por diversas circunstancias, non puideron participar na actividade que organizáramos o pasado ano e que, xa daquela, pediran a convocatoria dun novo curso de escalada deportiva”.

Entry filed under: Ponteareas.

Nós Unidade Popular denuncia o ataque fascista a uns veciños de Ponteareas A Deputación liquidou aos 51 concellos asociados ao ORAL

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: