Nós Unidade Popular denuncia o ataque fascista a uns veciños de Ponteareas

14/07/2009 at 10:17 Deixar un comentario

Nós Unidade Popular explica que na madrugada do sábado 4 de xullo un grupo de fascistas provocaban feridas de consideración a dous clientes dun coñecido local da vila. “É moi probable que ese non fose o seu obxectivo pero nese local fixeron o único que saben facer: agredir a persoas indefensas”.

Na fin de semana do 14 de xuño, segundo engade Nós-UP, xa estiveran en Ponteareas facendo alarde da súa condición de fascistas cantando “Cara ao sol” na rúa e portando de forma provocatoria a “rojigualda” na procura dalgún altercado. “Os fascistas saben que o racismo é o imperialismo que representan no é, afortunadamente, ben recibido no Condado”.

Segundo Nós-UP estes grupos contan co amparo da legalidade e moitos dos seus membros forman parte do “exército español, Policía Nacional, Garda Civil…”. Ademais aseguran que a actividade destes grupos aumentan no verán “cando os militares ocupan os montes na excusa de evitar incendios” e destacan que en Ponteareas apuñalaron recentemente a un mozo socio dun local social.

Así mesmo, Nós-UP tilda de oportunistas a Galiza Nova e ao BNG ao “pretender tirar rédito político do acontecido convocando unilateralmente e precipitadamente unha concentración”.
“A mocidade do BNG non ten vergonza ao afirmar que a causa da desconvocatoria é que a Garda Civil está a investigar o acontecido. Por outro lado quenes afirman estar preocupados polos episodios fascistas son quen sen pudor algún tanto teñen estreitado a man de Fraga, facilitándolle un retiro de luxo”.

Dende Nós-UP queren amosar a súa solidariedade cos veciños agredidos e consideran “urxente para a impunidade destes grupos ultras”.

Por último engaden que continuarán a combater o fascismo en calquera das súas formas. “Sabemos qeu só o avance da loita por unha Galiza libre, socialistas e non patriarcal mediante a auto-organización popular pode erradicar o fascismo das rúas e institucións”.

Entry filed under: Ponteareas.

Cativos e mozos de Mondariz participarán nas distintas actividades que organiza a Oficina de Información Xuvenil para este verán Curso de iniciación á escalada en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: