O BNG reclama a sinalización e colocación de pasos de peóns na estrada provincial entre Ponteareas e As Neves

14/07/2009 at 10:30 Deixar un comentario

O deputado provincial e portavoz municipal do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, reclama á Deputación de Pontevedra que realice as actuacións de sinalización e instalación de pasos de peóns na estrada provincial EP 4006, que une Ponteareas e As Neves. O responsable nacionalista considera que “é preciso evitar os riscos da circulación a excesiva velocidade no contorno do colexio de Leirado”.

Gabriel Martínez demanda a correcta sinalización no tramo vello da estrada EP4006, na parroquia de Leirado de Salvaterra, en concreto diante do colexio. Neste sentido explica que aínda que nesta parroquia se fixo unha variante, o tramo vello necesita obras de mellora, como a colocación de semáforos ou lombos co obxectivo de incrementar a seguridade nas inmediacións do centro educativo.

Por outra banda, o deputado provincial reclama asemade a instalación de pasos de peóns noutros tramos destra estrada. En concreto, o responsable nacionalista solicita a súa colocación no Concello de Ponteareas en San Mateo, na subida á igrexa; e xa no Concello de Salvaterra en Puzo, diante da zona recreativa, en Queimadiña, na pista recreativa e na subida xunto á igrexa de Leirado, e en Meder, no barrio de Megueiró, fronte á telleira.

“A mellora destas estradas resulta fundamental para que os veciños e as veciñas de Salvaterra poidan trasladarse polos diferentes barrios da vila e potenciar así a ccomunicación entre eles”, salienta o responsable do BNG. Ao respecto, Gabriel Martínez indica que debería ser o propio alcalde “debería ser quen de ter en conta as necesidades da veciñanza e mellorar as infraestruturas de Salvaterra”.

Respecto ás carencias doutras estradas da comarca, o deputado provincial lembra que aínda está “a espera” de que lle faciliten a copia do estudo sobre as estradas da Deputación. “Con ese documento queremos comprobar as necesidades que existen noutras estradas da zona”, explica Gabriel Martínez.

Entry filed under: Salvaterra.

A Deputación liquidou aos 51 concellos asociados ao ORAL Galiza Nova preocupada polos ‘brotes fascistas’ no Concello de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: