O concello de Ponteareas mellora as beirarrúas na rúa Redondela

14/07/2009 at 11:43 Deixar un comentario

A concellería de Vías e Obras que dirixe o primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, desenvolve nestes días traballos de mellora de beirarrúas na rúa Redondela.
Os traballos, que abranguen tanto a mellora das beirarrúas existentes coma a construción das mesmas naqueles puntos que carecían delas, desenvólvense dende a rotonda situada na confluencia das rúas Redondela, Sarmiento Rivera e Pombas, cara á Praza do Axente Comercial.
Juan Carlos González Carrera salientaba que “mellorar ou construir beirarrúas, nesta zona, era un compromiso que tiñamos cos veciños e veciñas desta zona”. Despois de salientar que o compromiso da súa concellería era que “todos os puntos do casco urbano conten con idénticas infraestruturas e que, polo tanto, non haxa distinción algunha entre os veciños dependendo do lugar onde residan” o primeiro tenente de alcalde matizou que “as obras que se realizan na rúa Redondela permitirán unha circulación de peóns máis cómoda, tendo en conta que é unha rúa moi transitada, xa que é paso case que obrigado para acceder ao parque das Pombas que, a diario, é o lugar de espallamento dunha grande parte da veciñanza do casco urbano ponteareán”.

Entry filed under: Ponteareas.

O BNG de Ponteareas acusa ao Partido Popular de ocultar as ofertas de emprego Volve a mostra de teatro afeccionado do Condado, Móstrate, a Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: