O concello de Ponteareas remata as obras de alumeado en Cristiñade e Nogueira

14/07/2009 at 09:38 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas deu por rematadas as obras de alumeado que, ao abeiro do Plan E, se desenvolveron nas parroquias de Nogueira e Cristiñade e que contaron cun investimento de contan cun investimento para a súa execución de 80.133 euros.
As obras realizadas nestas dúas parroquias, ao igual que toda as que nesta materia desenvolve o concello ponteareán, consistiron na instalación de novas luminarias que melloren a eficiencia do alumeado público e que, amais, permitan un maior aforro enerxético e unha diminución da contaminación lumínica.
A instalación de alumeado público naqueles puntos do municipio deficitarios neste tipo de infraestruturas, foi considerada como unha actuación prioritaria por parte do Concello de Ponteareas, á hora de incluílas dentro dos Fondos Estatais de Investimento Local, de aí que a Xunta de Goberno destinara máis de 760.000 euros a este tipo de dotacións.
Para o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, estas obras de alumeado público buscan mellorar o servizo de alumeado público de cara a que veciños e veciñas, “independentemente do lugar no que vivan, poidan gozar de idéntico nivel no que fai referencia a prestación de servizos municipais e sobre todo, en infraestruturas consideradas como básicas dende o Goberno Municipal como poden ser as de alumeado público ou saneamento e abastecemento de auga potable”.

Entry filed under: Ponteareas.

A Deputación abre un prazo de 26 días para a rehabilitación do auditorio por un importe de 1,3 millóns de euros Curso de teatro en Mondariz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: