Salvaterra acolle a cuarta edición da Festa do Río

14/07/2009 at 09:57 Deixar un comentario

O sábado 1 de agosto, Salvaterra celebra a cuarta edición da Festa do Río Miño. A partir das 8 da mañá poderse participar no campionato de pesca e no concurso de pintura unha hora máis tarde. Ás 11 as autoridades inaugurarán a Festa e abriranse as zonas de exposición e obradoiros. Ao final da mañá rematará o concurso de pesca coa entrega de premios contra as 14.00 horas. Tamén o concurso de pintura rematará as 3 da tarde.

As actividades volven ás 18.30 coa travesía a nado desde a ribeira portuguesa á ribeira española. Tanto os premios desta travesía como o do concurso de pintura entregaranse ás 20.00 horas. No parque d’A Canuda, ás 20.30 haberá unha serie de charlas relacionadas co río e coa proxección de audiovisuais.

Un concerto, a partir das 23.00 horas, de Ca Lúa pechará a primeira xornada da festa.

Xa o domingo, desde as 11.30 horas, estarán abertas as carpas de exposicións e obradoiros. Pola tarde, contra as 20.30 horas comezará o concurso de ‘Tarecos’, embarcacións caseiras feitas con materiais de refugallo e que se probarán a súa navegabilidade descendendo o río. O xurado premiará a orixinalidade, a flotabilidade así como a posta en escena.

A tenente de alcalde e deputada autonómica, Marta Valcárcel, sinala que a Festa do Río Miño “unha festa fundamentalmente participativa e animo a que este ano sexan máis os veciños e veciñas que se inscriban nas distintas actividades”.

Entry filed under: Salvaterra.

A concellería de servizos de Ponteareas abre unha oficina de atención ao público na rúa Oriente Cativos e mozos de Mondariz participarán nas distintas actividades que organiza a Oficina de Información Xuvenil para este verán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: